lunes, 18 de septiembre de 2017

3, 2, 1...Comezamos!

Iniciamos o curso 2017- 2018 con novidades dende Proxecto Ciencia Activa, o blog de alumn@s de bacharelato do colexio Padre Feijoo- Zorelle que cursan bioloxía e cultura científica. Esta iniciativa comezouse en setembro de 2013, coordinada pola profesora Beatriz Temes Pérez, hoxe ampliouse o alcance do proxecto para abranguer, baixo a coordinación do profesor Diego Iglesias Ucha, o departamento de Física e Química.
Así comezamos o curso, cheos de ideas e ilusión, con dous coordinadores e novos contribuíntes. 
Lembrade, a ciencia sempre é activa!
Benvid@s a investigar, experimentar e  aprender! 


Diego e Beatriz coordinadores do Proxecto Ciencia Activa no curso 2017-2018
Para coñecer as tarefas desenvolvidas no proxecto Ciencia Activa nestes anos, o mellor é consultar este enlace á Revista Galega do ensino EDUGA, onde podedes consultar o noso artigo: "Ciencia activa, ciencia creativa!"



No hay comentarios:

Publicar un comentario