Proxecto "Coach-Kids" por un uso seguro na rede
Educación entre iguais!
Os alumnos de 1º BAC con motivo da III Semana das Ciencias, visitamos as aulas de primaria dándolles unha charla sobre o uso correcto das redes sociais. Dividímonos en dous grupos que constaban de catro persoas cada un. No primeiro grupo, na aula de 5º de primaria, participaron: Marcial, Santi, Icía e Jenni. Por outro lado, no segundo grupo: Santi, Isidro, Rubén e Ángel,que visitaron a aula de 4º de primaria.
Foi unha experiencia educativa na que os máis cativos participaron constantemente con nós.
Esperamos que esta actividade sirva para que todos os nenos e nenas tomen precaucións a hora de empregar as redes sociais.
Esta foi a presentación que empregamos e tamén as encuestas que lle pasamos ao remate para poder valorar o aprendido neste proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario