ABC ciencia |
Acharon que unha das rochas contiña un pequeno fragmento de apenas dous gramos de peso feito de cuarzo, feldespato e circón, materiais moi raros na lúa pero extraordinariamente comúns na Terra.
As análises químicas indicaron que ese pequeno fragmento cristalizara nun ambiente moi rico en óxido, consistente coas rochas que se atopan no subsolo próximo á Terra primitiva. As análises, ademais, indican que esa cristalización produciuse entre fai 4.000 e 4.100 millóns de anos a un 20 km baixo a superficie terrestre, e que despois foi lanzado ao espazo como consecuencia dunha poderosa colisión.
A roca foise abrindo paso a través do espazo en dirección á Lúa, que naqueles momentos estaba tres veces máis preto da Terra que na actualidade ( a Lúa aínda se segue afastando de nós, a un ritmo de 3,8 cm por ano). Tras a súa chegada, o fragmento de superficie terrestre seguiu sufrindo "traumas": derretiuse parcialmente e posiblemente quedou enterrado na lúa como consecuencia doutro impacto fai uns 3.900 millóns de anos, para volver saír á luz debido a outra colisión máis recente, fai uns 26 millóns de anos.
Segundo os investigadores, foi precisamente este último impacto o que creou o chamado Cone Cráter, de 340 metros de diámetro e cuxos arredores foron explorados en 1971 polos astronautas Alan Shepard e Edgar Mitchell.
Por que están tan seguros os científicos de que esa pequena pedra vén da Terra e non se formou na propia Lúa?
Sinxelamente porque, tendo en conta os resultados das análises e as coincidencias temporais, é a explicación máis sinxela e probable. Pensar que a pedra naceu na propia Lúa, en efecto, supoñería ter que reformularse todo o que sabemos sobre as condicións do noso satélite fai miles de millóns de anos.
Moi interesante Adrina, é increíble observar pedras procedentes da Lúa do ano 1979
ResponderEliminar