martes, 12 de febrero de 2019

Charles Darwin, o pai das Teorías Evolutivas!

O día 12 de Febreiro de 1809 naceu Charles Darwin reconocido por ser o científico máis influente dos que plantexaron a idea da evolución biolóxica a través da selección natural, justificándoa na súa obra de 1859 "El origen de las especies" con numerosos exemplos extraídos da observación da natureza. Postulou que todas as especies de seres vivos han evolucionado co tempo a partir dun antepasado común mediante un proceso denominado selección natural. A evolución foi aceptada como un feito pola comunidade científica e por boa parte do público na vida de Darwin, mentres que a súa teoría da evolución mediante selección natural non foi considerada como a explicación primaria do proceso evolutivo ata os anos 1930. 

Actualmente constitúe a base da síntese evolutiva moderna. Cas súas modificacións, os descubrimentos científicos de Darwin aínda seguen sendo o acta funcional da bioloxía como ciencia, posto que, constitúen unha explicación lóxica que unifica as observacións sobre a diversidade da vida.

Con apenas 16 anos Darwin ingresou na Universidade de Edimburgo, ainda que paulatinamente foi deixando de lado os seus estudos de medicina para dedicarse á investigación de invertebrados marinos.
 Durante os seus estudos de medicina, asistiu dúas veces a unha sala de operacións no hospital de Edimburgo e fuxiu de ambas deixándolle unha profunda impresión negativa.
Intrigado pola distribución xeográfica da vida salvaxe e polos fósiles que recolectou no seu periplo, Darwin investigou sobre o feito da transmutación das especies e concebiu a súa teoría da selección natural en 1838. Aínda discutiu a súas ideas con algúns naturalistas, necesitaba tempo para realizar unha investigación exhaustiva, e os seus traballos xeolóxicos tiñan prioridade. Atopábase redactando a súa teoría en 1858 cando Alfred Russel Wallace envioulle un ensaio que describía a mesma idea, urxíndolle Darwin a realizar unha publicación conxunta de ambas teorías.

Aquí deixovos un vídeo onde falan da evolución según Charles Darwin:


1 comentario:

  1. muy chulo Ana!! Me ha parecido muy interesante tu entrada , está genial!!!!!

    ResponderEliminar