lunes, 18 de febrero de 2019

150 anos ca táboa periódica!

A primeira táboa periódica elaborouna o químico ruso Dmitri Mendeleiev en 1869. Tratábase dunha ordenación, segundo o peso atómico -do máis lixeiro ao máis pesado-, dos elementos en varios grupos nos que parecían repetirse as propiedades químicas de maneira periódica. Hai que ter en conta que o electrón non se coñecía aínda e a estrutura interna do átomo era un misterio.

A partir desta ordenación e, máis concretamente, dos ocos que quedaban na táboa, Mendeleiev predixo a existencia de varios elementos que, aínda que por entón eran descoñecidos, terían que existir para encher eses ocos. O xenio ruso utilizou os prefixos eka-, dvi-, e tri- (do sánscrito: un, dous e tres) para designar aos elementos que debían situarse un, dous ou tres lugares por baixo dun elemento coñecido da táboa. 

Tales elementos foron descubríndose poucos anos despois e designados con novos nomes. Así o eka- boro predito por Mendeleiev resultou ser o escandio; o eka- alumino o galio; o eka- manganeso o tecnecio; e o eka-silicio o germanio. A identificación de tales elementos constituíu un éxito espectacular para Mendeleiev e a súa táboa, que desta maneira entraron pola porta grande na Historia da Ciencia. 

No Big Bang, tan só formáronse partículas moi elementais que, ao cabo de tres minutos, formaron os átomos máis lixeiros: o hidróxeno, o helio e pequenas cantidades de litio. O resto dos elementos fóronse formando nos astros por diferentes procesos nucleares. Se nos fixamos no corpo humano, seis de cada 10 átomos son hidróxeno e, por tanto, proceden directamente do Big Bang. O carbono do noso ADN, o osíxeno dos nosos músculos e o ferro do noso sangue creáronse nas estrelas. 

En definitivas contas, a composición do noso corpo está escrita a historia do universo.


Aquí déixovos máis información.

Grazas a Dmitri Mendeleiev por elaborar a primeira táoba periódica da historia xa que agora traballamos a diario con ela!

Vídeo: 

4 comentarios:

  1. 150 anos ca mesma tabla e segue sendo igual de importante! Boa noticia, Antía.

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito Antia, a taboa periódica é fundamental a día de hoxe!

    ResponderEliminar
  3. ¡Un tema moi interesante, Antia! Sen dúbida a taboa periódica é importante, ¡aínda despois de 150 anos!

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar