(imaxe da páxina NCYT amazings)
Un grupo de investigadores da Universidade de São Paulo ( USP), en Brasil, descubriu que a hormona do crecemento ( GH, do inglés growth hormone), ligada ao desenvolvemento óseo e ao aumento da estatura, tamén actúa directamente no cerebro para conservar enerxía cando se perde peso.Os receptores de GH están situados nunha área cerebral chamada hipotálamo, á cal considera como o máis elevado dos centros vexetativos do cerebro. Do hipotálamo parten impulsos con influxo sobre as células nerviosas do sistema neurovegetativo que regulan os tecidos viscerales, tales como a musculatura lisa das vísceras e os vasos, a musculatura cardíaca, todas as glándulas do organismo e mesmo os riles, entre outros órganos.Os investigadores observaron que, no hipotálamo, os receptores de GH activan especificamente unha pequena poboación de neuronas chamada AgRP, que á súa vez aumenta a produción da proteína homónima AgRP, que actúa para aumentar o apetito e diminuír o metabolismo e o gasto de enerxía.
“Noutras palabras, descubrimos que a perda de peso desencadea un aumento dos niveis da hormona GH no hipotálamo, o cal activa ás neuronas AgRP. Isto fai que se volva máis difícil perder peso e aumenta a sensación de fame. Esta é exactamente a mesma función da leptina”, dixo Donato.
Segundo o investigador, a conservación de enerxía é tan importante para o organismo que a evolución capacitou aos humanos con dous mecanismos de conservación de enerxía: un activado pola leptina e o outro pola GH.
Opinión: eu penso que é unha noticia moi interesante xa que moitas veces non cremos que unha hormona que nos pensamos que non ten nada que ver cunha cousa, ten moito que ver.
muy chulo e interesante ,me encanta!!
ResponderEliminar