martes, 12 de noviembre de 2013

As castañas en Galicia

Foto wikimedia

Comercialización da castaña e os seus derivados:


O ano pasado en Galicia recolléronse 15 millóns de kilos de castañas dos cales un 80% aproximadamente tivo un destino internacional.

Por exemplo en Xapón ou en Italia a castaña converteuse nun produto moi venerado para o consumo e a partir delas forman cremas, pasteles
(Marron Glacé), helados...

En Ourense, pese a ser unha cidade pequena con pouca industria existen dúas empresas que se adican a transformación de castañas en delicatesen coma o marrón glacé ou castaña en almibar, que se comercializa a nivel internacional.

 Aínda que en Galicia ten pouca presencia o seu consumo mais alá dos magostos. Hoxe en día hai campañas de promoción dos produtos autóctonos galegos coma as setas e as castañas nesta época do ano. Incorporándose nas receitas de cociña de autor cada vez máis de moda. 
                                                                  
Nutrientes que se encontran nas castañas e os seus beneficios:


  • Vitaminas: vitamina E (antioxidante que protexe células, tecidos e órganos) vitamina K (participa na coagulación do sangue e na fabricación de glóbulos vermellos) vitamina B9 (é importante para unha correcta formación de células sanguíneas e axuda na prevención da anemia).
  • Calorías: proporcionan a enerxía necesaria ao noso organismo para poder levar a cabo actividades físicas.
  • Minerales: calcio (é necesario pa manter os ósos fortes e densos) potasio (produce proteínas e controla a actividade eléctrica do corazón) magnesio (participa na relaxación e na contracción muscular).
  • Proteínas: permite construir tecidos que forman os nosos músculos.
  • Carbohidratos: azúcares (axudan o cerebro a desarrollar a súa actividade).
  • Aminoácidos: ácido aspártico (participa na desintoxicación do sangue e protexe o corpo das radiacións) ácido glutámico (axuda na pruducción de enerxía para o cerebro e a controlar o alcoholismo).

1 comentario: