Asistimos a unha charla-taller sobre a calidade das augas doces.
Para comprobar a calidade da auga fixemos experimentos no laboratorio para medir algúns parámetros indicativos coma: a turbidez, a temperatura,o osíxeno disolto, a porcentaxe de saturación de osíxeno,a dureza da auga, nitratos e pH.
Os valores de pH recomendados para as especies acuáticos son entre 6.0 e 8.0. Un pH baixo pode facer que os compostos tóxicos sexan máis perxudiciais porque chegan máis facilmente ás plantas e animais acuáticos.
A dureza da auga non ten efectos negativos directos para a saúde e o medio ambiente. O orixe do calcio e do magnesio soe ser natural e provén da disolucion dos materiais rochosos. En Galicia as augas son brandas, porque a rocha é granítica.
O consumo de nitratos a través da auga pode ser moi perxudicial po home e é especialmente tóxico para os nenos menores de 5 meses. O nitróxeno é un nutriente para as prantas e a sua presencia na auga pode acelerar o crecemento excesivo do fitoplacton producindo
eutrofizacion das augas. A orixe dos nitratos pode estar nas actividades urbáns, industriais e agrícolas.
O contido de osíxeno gas na auga é o balance entre a cantidade que entra (da atmósfera e da fotosintese) e a que se consume (na respiración ).
A auga fría ten maior capacidade de reter o osíxeno que a auga máis cálida.A auga a 8ºC pode ter ata 12 ppm de osíxeno, mentras que 28ºC saturase con 8 ppm, a temperatura é un parámetro físico que tamén condiciona a vida dos ecosistemas.
Muy interesante!Me parece una forma muy amena de aprender!!
ResponderEliminarFoi divertido
ResponderEliminar