viernes, 16 de mayo de 2014

A OMS alerta da resistencia dos antibióticos!

Autor: ghanito
Problemas de saúde que hoxe se poden resolver sin complicacións cun antibiótico, poderían converterse en enfermidades letales pola perda de eficacia destes medicamentos. A OMS advirte que a resistencia aos antibióticos converteuse nunha grave ameaza para a saúde humana.
Un estudo, realizado deixa claro que as resistencias son unha realidade en todo o mundo e non distingue entre países pobres e ricos.Os medicamentos deixan de ser eficaces porque as bacterias que causan as infeccións sofren cambios y vólvense
inmunes ao tratamento.
Gran parte da culpa de esta transformación está no uso abusivo dos antibióticos, polo tanto podería haber consecuencias devastadadoras se non se toman medidas urxentes.

1 comentario:

  1. É certo hai moita xente que toma antibióticos para combatir infeccións víricas,que disparate!!

    ResponderEliminar