lunes, 13 de octubre de 2014

As augas máxicas de Ourense!

Aquis Aurienses asi denominaron os romanos a terra que conquistoron, con dous tesouros: as augas termais e o ouro transportado polo Miño
As fontes de As Burgas, son referente histórico de o poder sanador, seguen sendo estandarte dunha oferta de ocio termal destacada en España.
As termas de Ourense cada vez atraen máis bañistas para probar as nosas augas, descansar e ao mesmo tempo relaxarxe nuns balnearios ao aire libre, algúns gratuitos e outros a moi baixo prezo.
Estas augas por riba teñen propiedades curativas! Recoméndanse para moitas afeccións dermatolóxicas. 
Como curiosidade decir que é frecuente a imaxe de persoas da cidade bebendo, lavándose, mollando os pés...(Dende sempre xa en tempos dos nosos avós)
Existía unha casa de baños abastecida con auga quente das Burgas, onde a xente ía cando non había duchas nas casas, como tamén ían as mulleres a lavar a roupa na auga quente!
Na nosa provincia hoxe en día, o termalismo é unha gran riqueza, que debemos preservar, valorar e por suposto disfrutar!


Autor: Darío


3 comentarios:

  1. As Burgas son importantes para o turismo ourensán

    ResponderEliminar
  2. O termalismo é importante para a provincia

    ResponderEliminar
  3. As augas termais teñen moitos benificios para a saúde,polo que atraen a moitos turistas.

    ResponderEliminar