| Fuente: Faro de Vigo |
No seguinte Martín e José Luis comentan a nova, unha nova de ciencia e actualidade para a nosa cidade, capital do termalismo galego!
| Fuente: Faro de Vigo |
Con motivo do II Festival Do Libro, os alumnos de Proxecto Ciencia Activa elaboramos esta animación na aula empregando a PDI e aportando ideas entre todos ("brainstroming"), co fin de reflexar a esencia do lema do festival deste ano: "Un libro, un viaje". A animación fixémola empregando Go-Animate e foi editada por Marcos Fernández Prieto na aula seguindo as ideas de todos os compañeiros. Disculpade os erros! Esperamos que vos guste!Tamén con esta infografía pretendemos promover o bó hábito da lectura e os seus beneficios na saúde!
O II Festival do Libro co lema: "Un libro, un viaje" é un proxecto interdisciplinar e plurilingüe no que participamos todos os niveis educativos do centro. Dende as materias de Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias do Mundo Contemporáneo, coordinados pola nosa profesora Beatriz Temes, realizamos as seguintes tarefas:
Con motivo da celebración do Día do libro, no Colexio Padre Feijoo-Zorelle celebramos a II edición do Festival do Libro co lema: "Un libro, un viaje". Dentro da programación do Festival contamos ca presencia do escritor e xornalista galego, Fernando Méndez, autor de ensaios periodísticos, libros e traballos de investigación de distinta índole e varias novelas que leemos e traballamos no Colexio en cursos de secundaria e bacharelato.
Os días 22, 23, 24 de abril todo o Colexio Padre Feijoo- Zorelle, celebra o II Festival do libro. Un proxecto interdisciplinar e plurilingüe no que participan os alumnos e profesores de todo o Centro, repetindo a experiencia enriquecedora do I Festival do Libro.