Con motivo da celebración do Día do libro, no Colexio Padre Feijoo-Zorelle celebramos a II edición do Festival do Libro co lema: "Un libro, un viaje". Dentro da programación do Festival contamos ca presencia do escritor e xornalista galego, Fernando Méndez, autor de ensaios periodísticos, libros e traballos de investigación de distinta índole e varias novelas que leemos e traballamos no Colexio en cursos de secundaria e bacharelato.
Os alumnos e profesores tivemos a oportunidade de asistir a unha charla-coloquio co escritor no centro, e ao rematar Fernando Méndez moi cordial, contestou a unhas preguntas realizadas por Patricia Ruibal e Belén Estrada alumnas de Proxecto Ciencia Activa.
No podcast, o escritor explica dun xeito claro e ameno algunhas características das súas novelas, e danos consellos moi interesantes sobre a importancia da ler e escribir.
Moitas grazas a Fernando Méndez polo seu tempo e amabilidade!

Gustoume moito o libro de Deus xogando aos dados, noraboa Fernando
ResponderEliminarYou sound so professional!
ResponderEliminar