miércoles, 17 de junio de 2015

Aventura Espiral!


Rematamos o curso cunha experiencia moi enriquecedora, ver reconocido o traballo de todo o ano a través dun premio ao noso blog: 
Peonza de bronce na categoría Blog alumnos BAC- Espiral 2015!



 "Proxecto Ciencia Activa" algo máis ca un blog!
É un proxecto que recolle un xeito diferente de traballar cas Ciencias do Mundo Contemporáneo, empregar as tic para expor os nosos traballos, facer entrevistas, ler artigos de ciencia, presentacións feitas e explicadas por nós, videopoemas, audiovisuais, microrrelatos científicos, tarefas en twitter, o noso facebook, canais de audios e tv, entradas no blog de temática de ciencias, asistir á exposicións, conferencias de temas actuais de ciencia, implicar a outros niveis educativos do centro na elaboración de maquetas, ou tutelar prácticas de laboratorio a estudiantes de infantil...
Grazas a todos os ponentes, entrevistados, profesores, alumnos e a dirección do Colexio por colaborar e apoiar á Proxecto Ciencia Activa! 
Un privilexio ser á vosa profesora e compartir tantos momentos bós, a miña obriga coordinar, guiar, animar e aprender con todos vós!
Noraboa rapaces!
Disfrutemos deste vídeo que recolle momentos especiais da aventura espiral! 
Con cariño, Bea.



   

No hay comentarios:

Publicar un comentario