Smiley Water é o novo proxecto do Coro do Colexio Padre Feijoo-Zorelle!
Este proxecto, presentado o pasado 24 de setembro na 15ª edición de Termatalia realizada na nosa cidade, ten como obxetivo usar o termalismo do que dispoñemos en Ourense con fins solidarios para axudar aos nenos refuxiados.
Os integrantes do Coro, contarán coa inestimable axuda de Alejandro Abad, compositor e productor de relevancia internacional que xa ten unha boa relación co colexio grazás a anteriores proxectos e xuntos farán de Smiley Water unha realidade solidaria!
Grabarán un videoclip cun tema composto polo propio Alejandro Abad que interpretará cos nenos do coro do Colexio Padre Feijoo. Tamén participarán outros países presentes nas 15ª Xornadas Internacionais de Termalismo celebradas este setembro en Ourense.
Neste vídeo Carolina, Natalia e Daniel entrevistan a Mª José Novo directora do coro e os nenos coristas que explican o proxecto con moita ilusión!
Neste vídeo Carolina, Natalia e Daniel entrevistan a Mª José Novo directora do coro e os nenos coristas que explican o proxecto con moita ilusión!
Felicitar a Alejandro Abad, aos rapaces e rapazas do coro e a súa directora María José Novo, á Dirección do Colexio, á Cruz Vermella, e á Deputación de Ourense por tan maravillosa idea e polos esforzos que están pondo por facer que un fermoso sono solidario chegue a centos de persoas necesitadas.
Se queres saber mais a cerca de Smiley Water o seu blog clicando aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario