viernes, 22 de enero de 2016

Viaxamos a Antártida sen saír do salón de actos!!

O pasado xoves 21 de xaneiro, contamos co privilexio de establer comunicación coa base Española situada no ''sexto continente'', en Illa Decepción, separada de nós por miles de quilómetros.


Foi unha experienia única, grazas a cal, coñecimos un pouco máis do inhóspito continente: a súa sismoloxía, a súa biosfera, como é o día a día nunhas condicións tan extremas, como se levan a cabo as labores de investigación... Entre moitos outros.



Incluso nos deron a oportunidade de facer todas as preguntas que tivésemos. Non quedamos con ningunha inquietude!. Algunhas das preguntas plantexadas foron:

-Cal é a fución da patrulla de servicio?

-A qué temperatura ten que estar a auga para poder bucear?

-Algunha vez tivéstedes algún enfermo que precisase ser trasladado?

Todas estas dúbidas foron resoltas con gran amabilidade e sensatez.
 Ao meu parecer, tivemos a chamada de skype máis instructiva e trascendente que se pode ter!

Podédeslle botar unha ollada a estos reportaxes da conferencia:

http://www.crtvg.es/informativos/conexion-escolar-coa-antartida

https://www.youtube.com/watch?v=bW8N2w061Sk Telemiño


3 comentarios: