lunes, 2 de mayo de 2016

Visita á depuradora de Ourense!

O pasado xoves 14 de abril os alumnos de primeiro de bacharelato tivemos a sorte de poder visita-la depuradora de Ourense.
Foi unha experiencia única, na que nós fomos guiados por un biólogo que nos explicou con claridade o que se facía nesa planta de depuración de augas: as diferentes piscinas e filtros, como é tratada a auga, os diferentes problemas que teñen por vertidos inapropiados e o moito que precisamos de depurar a auga antes de devolvela ao río.




Incluso tivemos a oportunidade de solucionar as dúbidas que xurdiron! 
Desta forma poidemos ver o tratamento primario (retirada de sólidos) o tratamento secundario (degradación bacteriana) "in situ". 
Ademais disto, tamén nos falaron do proxecto da nova depuradora que comezará a funcionar en 2016, co fin de garantir a depuración de todas as augas residuais da cidade de Ourense, xa que como comentaba o guía da visita a actual quédase pequena, e moita auga é devolta ao río sen depurar coma sucede os días que chove moito.



 A continuación podedes escoitar un audio feito por Daniel e Víctor ao noso guía na depuradora, o biólogo Justo Veloso, que moi amablemente contestou a nosa breve entrevista:



Justo Veloso entrevistado por Víctor y Daniel

Grupo de 1ºBAC nunha clase de bioloxía fora da aula!

1 comentario:

  1. Una visita a la depuradora de Reza de lo más interesante donde nos mostraron los procesos de depuración del agua.

    ResponderEliminar