Nunha nova edición de microrrelatos científicos no IV festival do libro, fixemos uns pequenos relatos con termos científicos. Dende a materia de Bioloxía e Xeoloxía organizouse este concurso onde os alumnos de secundaria e primeiro de bacharelato poidemos participar elaborando os nosos textos.
Os seleccionados foron expostos nun mural feito por nós. O mural de temática científica representaba a figura de Mendel, referente indiscutible da xenética, e os guisantes nos que baseou o seu estudo. En cada guisante pegamos algúns dos nosos microrrelatos.
Neste vídeo podedes ver e escoitar algúns dos microrrelatos leidos polos seus autores:
Déixovos algunhas fotos do proceso neste gif animado:
| ELABORANDO MURAL MICRORRELATOS CIENTÍFICOS |
| MURAL REMATADO! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario