viernes, 9 de junio de 2017

"Coach-Kids" por un uso seguro da rede!

               Proxecto "Coach-Kids" por un uso seguro na rede


                                         Educación entre iguais! 


Os alumnos de 1º BAC con motivo da III Semana das Ciencias, visitamos as aulas de primaria dándolles unha charla sobre o uso correcto das redes sociais. Dividímonos en dous grupos que constaban de catro persoas cada un. No primeiro grupo, na aula de 5º de primaria, participaron: Marcial, Santi, Icía e Jenni. Por outro lado, no segundo grupo: Santi, Isidro, Rubén e Ángel,que visitaron a aula de 4º de primaria. 




Foi unha experiencia educativa na que os máis cativos participaron constantemente con nós.
Ao final da charla repartímoslles unhas encuestas que tiñan que cubrir de forma anónima sobre a súa actividade nas redes.
Esperamos que esta actividade sirva para que todos os nenos e nenas tomen precaucións a hora de empregar as redes sociais.
Esta foi a presentación que empregamos e tamén as encuestas que lle pasamos ao remate para poder valorar o aprendido neste proxecto.