martes, 14 de enero de 2020

Pérdida de osíxeno nos océanos!

Os ecosistemas mariños tamén se ven afectados polo cambio climático. Así o aseguraba o maior estudo feito sobre como afecta o cambio climático nos océanos.
Este estudo revelou que os océanos teñen cada vez menos osíxeno debido ao quentamento global que producen os gases de efecto invernadoiro, os pesticidas empregados na agricultura e os residuos que producimos. Todo esto fai que no mundo xa existan 700 áreas mariñas con baixas concentracións de osíxeno e que se cuadruplicaran as áreas anóxicas, áreas mariñas completamente agotadas de osíxeno. 
Esta falta de osíxeno está alterando os ecosistemas mariños, pois fai que aumente o número das especies que precisan menos osíxeno para sobrevivir como as medusas e perxudica as especies que máis osíxeno precisan como os tiburóns. Ademáis, esta falta de osíxeno foi a causa da morte de miles de peixes no Mar Menor recentemente.
 Peces muertos en playas del Mar Menor, en la zona de Villananitos y La Puntica, San Pedro del Pinatar, (Murcia)
Fonte:RTVE
Este tema estivo presente na Cume do Clima de Madrid. Como solución, propúxose que os líderes mundiais deben comprometerse a reducir de forma inmediata os gases de efecto invernadoiro que producen o quentamento global.



Para máis información fai click aquí.      

No hay comentarios:

Publicar un comentario