domingo, 2 de febrero de 2020

Que é o coronavirus?

Os coronavirus son unha familia de virus descuberta nos anos 60 que pode provocar distintas enfermidades, dende un resfriado común ata un síndrome respiratorio grave, podendo aparecer estes en persoas ou animais.
O coronavirus debe o seu noma a súa forma, parecida a unha especia de coroa ou halo:


Imaxe de: cuidateplus.marca.com

Nos últimos anos descubríronse tres brotes epidémicos importantes causados por coronavirus, sendo o máis destacado o "2019nCOV". Este brote xurdiu a finais do 2019 na cidade china de Wuhan, transmitíndose de forma contínua pero cunha baixa tasa de mortalidade.

 As persoas infectadas presentan síntomas com os mostrados na seguinte imaxe: unha sintomatoloxía como a mostrada na seguinte imaxe:


Imaxe de: BBC.com


 Aínda que a súa orixe é descoñecida todo apunta a que animais como morcegos actúan de reservorios de dito virus, transmitíndose este por vía respiratoria.

Debido á repercusión mediática causada polos casos de infección en distintos países os expertos piden tranquilidade, afirmando que en países como España é complicado que aparezan brotes epidémicos, e no caso de que se confirme algún caso de infección o país está preparado para conter a transmisión.


Con este vídeo poderedes obter máis información do coronavirus.

Información vía: cuidateplus.marca.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario