viernes, 17 de abril de 2020

"Realizar un corte xeolóxico"

Realización de un corte xeolóxico

A partir dun mapa xeolóxico podemos seguir un método semellante ao descrito para obter un perfil topográfico, e obter información moi precisa de como están situados os materiais no subsolo. O resultado é un corte xeolóxico.

Unha vez que indicamos sobre o mapa xeolócico a dirección (A-Á) en que imos realizar o corte xeolóxico, obtemos primeiro un perfil topográfico utilizando as curvas de nivel ou isocotas.

Vemos que neste mapa aparecen os simbolos que indican cara a onde buzan as unidades O,P, Q e R, así como o plano de simetría dun anticlinal, aínda que poderíamos deducir a existencia dese pregamento observando os uves que debuxan os contactos das unidades ao cruzar o regato.

1. Sobre o perfil topogáfico obtido sinalamos os contactos entre as unidades.
   Despois, indicamos a que unidade corresponde cada sección e cara a onde         buzan.
2. Completamos o trazado dos contactos. Neste caso, debemos observar o              anticlinal indicado no mapa.
   Podemos supoñer que, baixo as unidades que se ven no mapa, o pregamento     afecta tamén a outras unidades máis profundas.
3. Coloreamos as unidades coas mesmas cores ca no mapa. O corte xeolóxico        está terminado.
Corte xeolóxico
Opinión persoal: con este post podemos aprender como facer un corte xeolóxico sobre un mapa xeolóxico.



No hay comentarios:

Publicar un comentario