A ansiedade e a depresión medraron coa pandemia da Covid-19, o que supón un risco para a saúde da poboación. De feito, un recente estudo revela que a depresión multiplica por 6 a probabilidade de morrer en homes adultos. Pero hai xeitos de mitigar estas situacións, sen acudir á farmacoloxía. E un deles é tan sinxelo como ter máis contacto con espazos naturais e encher as cidades de árbores. Así o asegura a investigación publicada esta semana na revista Scientific Reports do grupo Naure por investigadores de Leipzig, en Alemaña.
Fonte |
Informaron que máis árbores dentro dun espazo de 100 metros da casa está asociado cunha menor probabilidade de que se receiten antidepresivos, achados que poderían ser moi útiles para os planificadores urbanos, os profesionais da saúde e os gobernos.
A redución no uso de antidepresivos relacionado coas árbores da rúa foi particularmente prominente nos grupos socioeconómicamente desfavorecidos. Aínda que é importante non levar estes achados demasiado lonxe, os resultados suxiren que as árbores urbanas poderían actuar como unha forma simple e alcanzable de impulsar a saúde mental e axudar a pechar as brechas de desigualdade en saúde na sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario