lunes, 3 de octubre de 2016

Descubren a tumba dun bebe galaico- romano na Lanzada!


O estudio dos fósiles axúdanos a saber máis sobre a cultura dos nosos antergos, estes fósiles poderían aportar información sobre os antigos poboadores de Galicia. 

Os arqueólogos que estaban investigando nas proximidades á praia da Lanzada, atoparonse o martes día 20 cun enterramento de fai dous mil anos!
 Atopan unnha tumba, tratábase dun bebé de poucos meses  que estaba a dez metros da tumba dunha muller adulta localizada o luns 19 de setembro deste ano 2016. 
O director da excavación, D. Rafael Rodríguez explicou que se trataba de parte dunha necrópole que se extendía moito máis do que eles esperaban.
No caso da muller encontraron cravos ao redor do corpo, o que significa que ela foi enterrada nun caixón.
Según Rafael Rodriguez é previsible que mentres siga avanzando a exacavación se poidan encontrar máis tumbas, que sexan a pegadas dun asentamento hmano maior.

Quen nos ía dicir que un lugar tan emblemático para o turismo como é a praia da Lanzada na provincia de Pontevedra, escondería tesouros fósiles tan valiosos!


martes, 17 de mayo de 2016

Drons que transportan a persoas?

Ehang 184
Pode parecer unha idea demasiado futurista pero xa se fabricou un dron capaz de transportar a unha persoa e o seu equipaxe.
O Ehang 184 promete revolucionar o mundo d transporte persoal: un dron capaz de levar persoas a calquer destino dee maneira automática e sen necesidade de controlalo.

Así funciona o Ehang 184
Según os representantes desta marca, o enorme dron é capaz de cargar con case 100 kg durante uns vinte e tres miutos seguidos grazas aos seus catro poderosos brazos.
 A cabina contén un asento para o paxaseiro e un espacio para o equipaxe. una vez dentro, a persoa decide o lugar hacia onde viaxar, situándoo nun tablet e o único que terá que facer a persoa será indicar o despegue e o aterraxe.Así de fácil, este dron sería capaz de alcanzar os 500 metros e viaxara uns 100 km/h.

Seguridade
Se pensamos nun transporte non tripulado sempre temos algunas dúbidas acerca da seguridade.
En primeiro lugar plantearíamonos que ocurriría se o dron fallara. O dron está controlado por un sistema automático, pero senón funciona correctamente pode ser controlado desde a base fácilmente.
Por outro lado, e se se para o motor? O dron voa baixo e ten un sistema de aterraxe de emerxencia. Os constructores deste aseguran que é máis seguro que os helicópteros por ter catro motores; e que soamente cun xa pode realizar a aterraxe de emerxencia.
Xa veremos que ocorrerá nun futuro que non está tan lonxe!


lunes, 2 de mayo de 2016

Visita á depuradora de Ourense!

O pasado xoves 14 de abril os alumnos de primeiro de bacharelato tivemos a sorte de poder visita-la depuradora de Ourense.
Foi unha experiencia única, na que nós fomos guiados por un biólogo que nos explicou con claridade o que se facía nesa planta de depuración de augas: as diferentes piscinas e filtros, como é tratada a auga, os diferentes problemas que teñen por vertidos inapropiados e o moito que precisamos de depurar a auga antes de devolvela ao río.




Incluso tivemos a oportunidade de solucionar as dúbidas que xurdiron! 
Desta forma poidemos ver o tratamento primario (retirada de sólidos) o tratamento secundario (degradación bacteriana) "in situ". 
Ademais disto, tamén nos falaron do proxecto da nova depuradora que comezará a funcionar en 2016, co fin de garantir a depuración de todas as augas residuais da cidade de Ourense, xa que como comentaba o guía da visita a actual quédase pequena, e moita auga é devolta ao río sen depurar coma sucede os días que chove moito.



 A continuación podedes escoitar un audio feito por Daniel e Víctor ao noso guía na depuradora, o biólogo Justo Veloso, que moi amablemente contestou a nosa breve entrevista:



Justo Veloso entrevistado por Víctor y Daniel

Grupo de 1ºBAC nunha clase de bioloxía fora da aula!

domingo, 10 de abril de 2016

Propoñen unha nova proteína como base dun fármaco contra a obesidade!

Un equipo de investigadores do Centro de Investigación Biomédica en Red-Fisiopatoloxía da Obesidade e da Nutrición (CIBERobn) demostraron que a uroguanilina é capaz de reducir o peso e a graxa en animais obesos, sen necesidade de rebaixar a inxesta de calorías ou alimentos.  
MBR Priza
Os científicos do Instituto de Saúde Carlos III e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) realizaron este estudo, publicado na revista " Diabetes ",  probando o efecto desta proteína  en ratos obesos, tratados de forma crónica con uroguanilina, reduciuse tanto o peso coma a graxa sen modificar a inxesta calórica. A uroguanilina actúa sobre os dous tipos de graxa que temos no corpo. Por unha parte, esta proteína incrementa a actividade da graxa parda, que queima calorías para manter a temperatura corporal. Por outra parte, a uroguanilina estimula a diferenciación de graxa branca, que só almacena as calorías, a graxa parda, axudando así a queimar máis calorías. 
Este traballo suxire que unha vez que se produce a uroguanilina e se libera no intestino, chega ao cerebro, que é o encargado de transmitir as señais á graxa, para que deste modo a proteína exerza o seu efecto anti-obesidade.

Actualmente, o único tratamento efectivo contra á obesidade  é a ciruxía bariátrica, o que leva a pensar que aquelas proteínas liberadas polo sistema dixestivo deben ser cruciais na regulación do peso corporal. 
Polo tanto, a uroguanilina únese á lista de factores procedentes do sistema dixestivo que están sendo estudiados como tratamentos da obesidade. 


Lembremos a importancia dos bós hábitos alimentarios e como levar a cabo unha alimentación sá e equilibrada mellora a calidade de vida e mantén o control de peso, así coma nos axuda a regular os trastornos metabólicos coma os niveis de glicosa, colesterol, triglicéridos, ... en valores normais para a nosa saúde!

jueves, 10 de marzo de 2016

Un estudo demostra que o estrés extende o cáncro a través do sistema linfático

Un grupo de investigadores da universidade de Melbourne (Australia) descubriu que as hormonas do estrés incrementan a propagación do cáncro ao afectaren ao sistema linfático.
Xa se fixeran antes numerosos estudos sobre isto, pero ata agora aínda non se demostrara.
Hai probas que confirman que o estés está asociado a un aumento da mortalidade nos enfermos de cáncro a niveles avanzados.
Mediante unha serie de experimentos e un microscopio especial, comprobaron que as hormonas do estrés incrementan o fluxo de nanopartículas fluorescentes (que localizan células tumorais) a través do sistema linfático.
Ao bloquear a actividade de proteínas que detectan o estrés ou aquelas que facilitan a formación de vasos linfáticos, os científicos puideron reducir a difusión destas células canceríxenas.
Afirman que este é un descubrimento pode ser útil para axudar a frenar a extensión das células que poeden desenvolver unha enfermidade oncolóxica, como é o cáncro.




jueves, 18 de febrero de 2016

Non hai un cerebro masculino e outro femenino

Autor: Jesus Blanco
Un estudo de centos de imaxes de cerebros de homes e mulleres non atopou ningunha evidencia da existencia dun cerebro masculino e outro feminino. Ainda que existen  algunhas diferenzas anatómicas en determinadas áreas , segundo o sexo , non se permite dividir aos humanos en dúas categorías. En realidade, o cerebro de cada un é un mosaico con elementos tanto masculinos como femeninos.

Ideas como a intelixencia emocional, éxitos comerciais como o recente libro " El cerebro femenino",en el siglo pasado, la saga de "Los hombre son  de Marte , las mujeres son de Venus" deixaron 0 terreo do dimorfismo sexual do cerebro.
Si existen outras diferenzas entre o home e a muller noutra parte da súa anatomía, especialmente nos seus xenitais , porque non haberá no cerebro?
Sen embargo , non hai probas de que desde o punto da materia gris , da materia branca , conexións neuronais e do grosor da corteza cerebral , o cerebro dunha muller e un home sexan distintos polo simple feito do seu sexo. Mais ben, as probas apuntan todo o contrario.

Non hai un cerebro masculino e outro femimino!
Nun dos maiores estudos realizado por un grupo de israelís , alemáns e suizos foron comparadas as anatomías de 1400 cerebros de homes e mulleres no que se concluíu que non son dous categorias senón que hai mosaicos cerebrais.

viernes, 29 de enero de 2016

Visítanos e entrevistamos á Doutora Cristina Losada!

 Pablo e Andrea gravando a entrevista a doutora Losada
O venres 29 de xaneiro contamos ca visita na aula da doutora Cristina Losada Pérez, ex-alumna do noso colexio e actualmente experta psiquiatra, que responde moi amablemente as nosas curiosidades no seguinte audio.
Ten moitas lembranzas da misma aula e profes, onde agora estamos nós, e cóntanos como os idiomas tiveron gran importancia na súa formación que lle permitiron facer o erasmus en Alemania e adicarse á investigación en Estados Unidos. 
A doutora C. Losada fálanos da súa forte vocación a mediciña e de como despois especialízase en psiquiatría e do seu traballo en Londres con enfermos esquizofrénicos e con transtorno bipolar. 
Na entrevista tanto no audio coma no vídeo gravado na aula (pendente rematar edición), onde nos visitou, é moi cariñosa contestou as nosas preguntas sobre depresións, adicións, transtornos aimentarios y de personalidad. 
Respecto as adiccións e as repercusións mentais nos adolescentes, a doutora Cristina Losada Pérez responde como, en moitos casos, o alcohol e o cannabis son causas principais dalgúns transtornos mentais.
Moi interesante a conversa con Cristina, a quen lle damos as grazas polo seu tempo e paciencia polos nosos erros. 
Felicidades doutora Cristina Losada Pérez pola túa exitosa carreira profesional! 
Noraboa Cristina eres un exemplo a seguir!