Nunha nova edición de microrrelatos científicos no IV festival do libro, fixemos uns pequenos relatos con termos científicos. Dende a materia de Bioloxía e Xeoloxía organizouse este concurso onde os alumnos de secundaria e primeiro de bacharelato poidemos participar elaborando os nosos textos. Os seleccionados foron expostos nun mural feito por nós. O mural de temática científica representaba a figura de Mendel, referente indiscutible da xenética, e os guisantes nos que baseou o seu estudo. En cada guisante pegamos algúns dos nosos microrrelatos.
Neste vídeo podedes ver e escoitar algúns dos microrrelatos leidos polos seus autores:
Déixovos algunhas fotos do proceso neste gif animado:
Ciencia, teatro, música e baile con "Aventuras científicas" no IV Festival do Libro! "Aventuras Científicas" é un proxecto no que os alumnos de Ciencia Activa bac, dende a materia de Cultura científica, vimos realizando breves obras teatrais para o Festival do Libro do noso colexio. O proxecto consiste na selección de científicos relevantes, e elaborar obras de teatro por grupos, nas que representamos anécdotas ou achegas relevantes dos científicos elexidos. Os nosos compañeiros de secundaria e 2º de bac, disfrutan vendo as representacións cheas de humor e de ciencia! Este ano os elexidos foron Copérnico, Mendel, Pasteur e Darwin. Como novidade antes das representacións teatrais fixemos un baile para presentar a nova edición de "Aventuras científicas", ca coreografía de Adriana de 4º ESO (bailan Adriana, Lidia, Ana de 4º con Marcial, David e Kevin de 1º bac). A letra é de David Rodriguez e a podedes ler a continuación. A música base do Príncipe de Bellair e as voces Andrea Santana de 3º ESO con Kevin e David de 1º Bac. A canción de presentación é : "¡Un año más, a vivir el Festival!"
Rafael Cachaldora é un artista ourensán que se adica a escultura e a pintura. Os alumnos de bacharelato, con motivo do IV Festival do Libro, tivemos a oportunidade de recibir unha charla- obradoiro do artista, na que realizamos uns marcapáxinas seguindo as súas pautas e instruccións. Cada un de nós deixou fluir a súa imaxinación e o resultado foron orixinais marcapáxinas. A creatividade estivo presente en todo momento na divertida ponencia do artista. Ao rematar a charla-obradoiro de Cachaldora poidemos entrevistalo para o noso canal de Podcast Ciencia Activa do Padre Feijóo Zorelle que neste post podedes escoitar. A entrevista foi realizada por Ángel Lorenzo e Alberto Iglesias de 1º bac. Rafa Cachaldora moi amablemente respondeu as nosas dúbidas e curiosidades sobre o seus traballos artísticos e a súa vida como pintor e escultor. As preguntas realizadas a Rafael Cachaldora foron as seguintes: 1- Cómo foi o teu acercamento ó mundo do arte? 2- Leimos que eres pintoescultor. Por qué pintura e escultura e non outra expresión artística? 3- Recordas a túa primeira obra? Qué era? Qué expresaba? 4- Podes permitirte vivir do arte? 5- De dónde nace a inspiración de Rafa Cachaldora? 6- Si as túas obras puidesen falar que dirían do artista? 7- Canto é o máximo tempo que tardaches en facer unha obra? 8- Qué intentas transmitir nas túas obras? 9- Qué artistas influiron na túa vida e quen che gusta dos actuais? 10- Cales foron as dificultades máis grandes que te encontraches no camiño para ser artista? 11- En qué proyectos estás traballando actualmente?
Os estudiantes de 1º de bacharelato aprendimos e divertímonos ca visita de Cachaldora e agradecemos moito a súa xentileza e amabilidade ao adicarnos o seu tempo respondendo as nosas preguntas.
Moitas grazas, Rafa!
Cachaldora con alumnos, profes e a coordinadora do Festival ao remate da súa visita ao cole.
O Día Mundial da Auga celébrase o 22 de marzo desde 1993 como un medio para chamar a atención sobre a importancia e a defensa da xestión sostenible dos recursos da auga doce.
A creación deste día foi recomendado na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente e Desenvolvemento (CNUMAD) de 1992 en Río de Janeiro. A Asamblea Xeral das Nacións Unidas aceptou esta proposta e asignou o 22 de marzo de 1993 como o primeiro Día Mundial da Auga.
Cada ano, a ONU-auga, a entidade que coordina o traballo da Organización sobre a auga, destaca un aspecto particular sobre este tema.
O tema deste ano é "¿Por qué desperdiciar agua?". Concentrámonos no desperdicio da auga e como reducir e reutilizar ata un 80% da auga que malgastamos nas nosas casas, cidades, industrias e agricultura e que flúe entorno á natureza, contaminando o medio ambiente e perdendo nutrientes moi valiosos.
A auga é a substancia máis abundante da Terra e que se pode encontrar en 3 estados: líquido, sólido e gasoso. É indispensable para a vida xa que ningún ser vivo pode sobrevivir sen ela. Pero debido ás cantidades de residuos que botamos tanto ao mar, como ríos, etc. provocamos a súa contaminación. A continuación déixovos este pequeno vídeo como axuda:
E agora pensade... Se todos axudamos a mellorar esta situación, tampouco sería tan dificil non? Tomade conciencia da importancia da auga e xuntos, conseguiremos que a auga nunca nos falte!
O 20 de Marzo ás 11.29 horas comeza unha nova estación do ano, a primavera. O inicio da primavera ten lugar durante a xornada en que a duración do día e da noite coinciden en calquer punto da Terra, o que se denomina equinoccio. Neste intre, no hemisferio sur, da comezo o otoño tras varios meses de caluroso verán. Ademáis as horas de luz de día se alargan, nas latitudes da Península, o Sol sale polas mañás case dous minutos antes que o día anterior e pola tarde ponse un minuto máis tarde. Tamén hai que ter en conta o cambio de hora previsto para o 26 de marzo, no que habrá que adiantar os reloxes unha hora. Respecto á visibilidade dos planetas, durante esta estación Venus e Saturno serán visibles ao amencer. Finalmente, a primavera trae algunhas ventaxas e desventaxas; a polinización, máis ganas de pasear e sair grazas ao sol e alteracións do sono. Escoita este audio onde David, Kevin e Marcial explícanolo:
A enorme masa terrestre, formada por Nova Zelanda e outras illas, está na sua maior parte sumerxida!
Océano Pacífico, unha enorme extensión de terreo da cal sobresae Nova Zelanda, Nova Caledonia e outras illas, e que ten entindade suficiente para ser considerada un continente. Un grupo de xeólogos asegura que se atopa sumerxido no noreste do da unha masa continental separada, o fragmento de terra chámaselle Zealandia
Esta illa cobre 4,9 millóns de km cuadrados dos cales o 94% atópase baixo a auga. Os investigadores creen que é unha entidade xeolóxica distinta, xa que cumpre con todos os criterios apliados a outros continentes.
Non é a primeira vez que Zealandia proponse como un continente.
Se esta proposta fose aprobada pola comunidade científica, Zealandia convertiríase no séptimo continente según o modelo tradicional que inclue Europa, Asia, África, Oceanía e a Antártida. Máis hai outros modelos que dependen da área cultural.
Os investigadores suxiren unha razón xeolóxica para dividir os continentes, de forma que sexan grandes áreas identificables que atópanse sobre a codia continental. Este razoamento é o que lles leva a pensar que Zealandia, tamén debería ter a sua propia identidade. Según eles, un so ten que mirar un mapa barimétrico para apreciar a cuestión. Non é a primeira vez que Zealandia se propón coma continente. O asunto é obxeto de debate dende fai dúas décadas, mais os autores do último traballo están convencidos da súa existencia.
Será a robótica capaz de actuar coma a Natureza? Uns investigadores da Universidade de Varsovia crearon un minirobot capaz de recoller o polen da planta masculina e traspasarllo a feminina. Din que e una grande alternativa fronte o problema da desaparicións das abellas, xa se fixeron as primeiras probas no campo e neste verán xa se logrou a primeiro semilla grazas a este robot. O seu creador afirma que o robot non pretende sustituír a os insectos senón que só pretende axudar no seu labor e incluso complementala. Creáronse dous tipos de robots uns polo aire e outros terrestres. Ademáis os robots teñen a característica de centrarse nun tipo de planta e nunha zona específica. Curioso avance que pode axudar a suplir a baixa poboación de abellas, dentro dun grave problema ambiental que é a perda de biodiversidade.