lunes, 15 de octubre de 2018

Un minuto de Ciencia para Albert Einstein!


A nova tarefa do Proxecto Ciencia Activa chámase, "Un minuto de Ciencia" e consiste na creación de animacións sobre científic@s célebres, nun só minuto! Si, nun só minuto de ciencia!    
Xa temos a primeira animación! 
O noso primeiro minuto é para Albert Einstein, animación realizada polos alumnos de 1º BAC, Raúl Rebentisch e Carlos Cuesta.
Parabéns polo voso traballo! 



Neste enlace podemos  ver a información de como se organiza a nova tarefa dende o blog da profesora: Fai click 
Pronto seguiremos publicando as novas animacións!   

viernes, 5 de octubre de 2018

Premio Nobel de Química 2018!

"Domadores do poder da evolución"
 Esta semana 3 químicos reciben o galardón por desenvolver novos métodos para crear proteínas que poden resolver moitos problemas da humanidade!

A estadounidense Frances Arnold ( Pittsburgh, EE UU, 1956), George Smith ( Norwalk, EE UU, 1941) e Gregory Winter (Leicester, 1951) gañaron o Nobel de Química 2018 por tomar " o control da evolución e usar as súas mesmos principios para desenvolver proteínas que resolven moitos problemas da humanidade", según expón a Real Academia de Ciencias.
As investigacións dos galardoados relacionan a Evolución ca creación de novos compostos que axuden a humanidade a solventar enfermidades de diferente tipo.
A evolución dirixida permite manipular microbios para que desenvolvan proteínas que non existen na natureza e que se aplican á creación de novos combustibles e fármacos contra moitas enfermidades, dende a diabetes ao cancro metastásico.















Fonte consultada: AQUÍ 
Opinión: Paréceme moi interesante que esteamos ao día nas achegas máis recentes e chamoume á atención nestes investigadores a relación entre EVOLUCIÓN, QUÍMICA E MEDICINA!

martes, 2 de octubre de 2018

Premio Nobel de Física 2018

fuente imagen:ok diario
A Real Academia das Ciencias de Suecia concedeu hoxe o Premio Nobel de Física 2018 ao estadounidense Arthur Ashkin, a canadense Donna Strickland e o francés Gérard Mourou polos seus " rompedoras invencións no campo da física do láser", nunha cerimonia celebrada en Estocolmo. 
Neste video podemos ver a concesión do Premio Nobel de Física de 2018:

Arthur Ashkin demostrou a comezos da década de 1970 que as forzas creadas pola luz láser eran capaces de capturar e manipular partículas cun tamaño de milmillonésimas partes dun metro. En 1987, logrou atrapar bacterias vivas sen danalas coas denominadas pinzas ópticas, "unhas ferramentas feitas de luz", segundo destacou o comité do Nobel. Gérard Mourou e Donna Strickland achandaron o camiño cara a "os pulsos de láser máis intensos xamais creados pola humanidade", segundo o comité.

A técnica de Mourou e Strickland, creada en 1985 e coñecida como amplificación de pulso gorjeado, converteuse moi pronto na ferramenta estándar para obter láseres de alta intensidade, utilizados desde entón en millóns de cirurxías do ollo.
Desde 1901, só tres dos 201 científicos laureados co Nobel de Física foron mulleres. Antes de Donna Strickland gañárono a polaca nacionalizada francesa Marie Curie en 1903, polos seus estudos sobre a radioactividade, e a estadounidense de orixe alemá Maria Goeppert- Mayer en 1963, polas súas investigacións sobre a estrutura interna do núcleo dos átomos.

Para finalizar, como autora de esta entrada, alegrome moito de que as mulleres científicas tamén teñan importancia no mundo da ciencia, deixovos aquí mais información.

miércoles, 26 de septiembre de 2018

Novos contribuíntes do curso 2018-2019

Os alumnos de Bachalerato de colexio plurilingüe Padre Feijoo Zorelle, comezamos este curso con moita ilusión, xa que comezamos a xestionar este blog.
Moitos de nós, traballamos o curso pasado como administradores do blog da ESO: Ciencia Activa, ESO é!,  outros será a primeira vez que traballaremos nun blog.
O alumnado de 1º e 2º bac seremos os responsables da bitácora: "Proxecto Ciencia Activa" e traballaremos en equipo para que o resultado sea mellor!
A continuación, podedes ver a foto do novo equipo de blogueiros de 1º BAC:


1º Bac, novos contribuíntes do blog.

martes, 29 de mayo de 2018

A ciencia nos videoxogos

Con motivo da semana da ciencia os alumnos de primeiro de Bacharelato estivemos a facer un proxecto que consiste no seguinte: analizamos os principios físicos a través dos videoxogos, moitos deles inclúen simulacións baseadas en principios físicos como o movemento, a forza, a enerxía etc...


En particular estudamos un videoxogo que aplica dous principios físicos: consiste en lanzar obxectos mediante unha goma elástica, para facelos impactar diferentes obstáculos.
Nel maniféstase a conservación de enerxía pola conversión de enerxía potencial elástica en movemento, enerxía cinética, así como as leis da cinemática, aplicadas na obtención da traxectoria que describe o obxecto.
Nunha folla de cálculo, temos implementadas as ecuacións que describen estes principios, de tal maneira que o programa produce unha gráfica da traxectoria que pode ser modificada polo usuario manipulando dous valores de entrada: o alongamento da goma elástica e o ángulo de lanzamento.

Deixamos aqui, a folla de cálculo para que poidades comprobar o seu funcionamento.

miércoles, 16 de mayo de 2018

Jean Baptiste Perrin (Francia)



Jean Baptiste Perrin foi un físico químico francés galardoado co Premio Nobel de Física en 1926 polo seu traballo sobre raios catódicos e no equilibrio de sedimentacíón.
Estudou no liceo Janson de Sailly en París.  Estudou na École Normale Supérieure, en París, e  foi profesor posteriormente do mesmo desde 1891. En 1910, ingresou na Univercidade de París como profesor de química, que dirixiu de 1927 a 1940.
Durante a Primerira Guerra Mundial, serviu no exército francés. En 1923, foi elixido para a Academia francesa de Ciencias. En 1936, foi nomeado subsecretario do estado para asuntos cientificos do goberno de Fronte Popular de Leon Blum.
En 1940 trasladouse a Estados Unidos, participando do movemento chamado "Francia Libre" e dirixiu o departamento científico da Escola Avanzada en Nova York. 
Foi o pai de Francis Perrin, tamén un fisíco, especialista en fisión nuclear, que dirixiu a Comisión de Enerxía Atómica de Francia (CEA) 1951-1970.
Jean Baptiste morreu o 17 de abril de 1942 en Nova York. As súas cinzas foron transportadas o 17 de novembro de 1948 ata o Panteón, en París.
En 1895 demostrou que os raios catódicos tiñan unha carga eléctrica de signo negativo. En 1908 calculou o número exacto de Avogadro (número de moléculas contidas nun mol de gas baixo condicións normais). Tamén explicou a enerxía solar como consecuencia das reaccións termonucleares do hidróxeno.
Membro das Conferencias de Solvay de 1911 e 1927, en 1926 recibiu o Premio Nobel de Física polo seu traballo sobre discontinuidade da materia e descubrimento do equilibrio de sedimentación.
Modificou o modelo atómico de Thomson e suxeriu por primeira vez que as cargas negativas son externas ao núcleo. En 1895, descubriu que a carga de depósito de raios catódicos nun electroscopio confirmaba que se cargaban partículas. Foi ao redor dese momento cando o inglés Joseph John Thomson se interesou en medir a velocidade destas partículas, que máis adiante serían identificados como electróns.

martes, 8 de mayo de 2018

Albert Einstein,célebre científico nado en Alemania

Albert Einstein Head.jpg
Co motivo do Día de Europa lembramos a un coñecido científico europeo:
 Albert Einstein, foi un coñecido físico alemán dos séculos XIX e XX ( naceu en marzo de 1879 na cidade alemana de Ulm e morreu o 18 de abril de 1955 aos 76 anos) 

Con 17 anos ingresou na  Escola Politécnica Federal de Zurich para estudar matemáticas e física . Cinco anos máis tarde, xa graduado, conseguiu a nacionalidade suiza e en 1902 comezou a traballar na Oficina Federal da Propiedade Intelectual de Suiza, emprego que combinou ata os 30 anos coas súas investigacións científicas.


A sua principal contribución foi a Teoría da relatividade: inclue tanto a teoría da relatividade especial como a da relatividade xeral, formuladas por el a principios do século XX, que pretendían resolver a incompatibilidade existente entre a mecánica newtoniana e o electromagnetismo.


 A teoría da relatividade especial, publicada en 1905, trata da física do movemento dos corpos en ausencia das forzas gravitatorias, no que se facían compatibles as ecuacións de Maxwell do electromagnetismo con unha reformulación das leis do movemento

1905 foi o seu ano máis  fructífero, resultado da  publicación de catro  artículos científicos sobre o efecto fotoeléctrico, o movemento browniano, a teoría de la relatividade especial e a equivalencia masa-enería (E = mc²). O primeiro valeulle  o  Premio Nobel de Física do ano 1921, o segundo o grao de doutor e os dous últimos conseguiríanlle , co tempo, o recoñecemento de maior científico del siglo XX.