martes, 29 de mayo de 2018

A ciencia nos videoxogos

Con motivo da semana da ciencia os alumnos de primeiro de Bacharelato estivemos a facer un proxecto que consiste no seguinte: analizamos os principios físicos a través dos videoxogos, moitos deles inclúen simulacións baseadas en principios físicos como o movemento, a forza, a enerxía etc...


En particular estudamos un videoxogo que aplica dous principios físicos: consiste en lanzar obxectos mediante unha goma elástica, para facelos impactar diferentes obstáculos.
Nel maniféstase a conservación de enerxía pola conversión de enerxía potencial elástica en movemento, enerxía cinética, así como as leis da cinemática, aplicadas na obtención da traxectoria que describe o obxecto.
Nunha folla de cálculo, temos implementadas as ecuacións que describen estes principios, de tal maneira que o programa produce unha gráfica da traxectoria que pode ser modificada polo usuario manipulando dous valores de entrada: o alongamento da goma elástica e o ángulo de lanzamento.

Deixamos aqui, a folla de cálculo para que poidades comprobar o seu funcionamento.

2 comentarios: