Guillermo Marconi destacado científico Italiano.
Guillermo Marconi, nado en Bolonia o 25 de abril de 1874 e morto en Roma o 20 de xullo de 1937 foi un enxeñeiro electrónico, empresario e inventor italiano, coñecido por ser un dos principais impulsores da radiotransmisión a larga distancia, despois de crear un sistema de telegrafía sen cables coñecido como radiotelegrafía.
Algunhas veces foi acreditado como inventor da radio e compartiu en 1909 o premio Nobel de física xunto con Carl Ferdinand Braun en recoñecemento ás súas contribucións no desenvolvemento da telegrafía inalámbrica, aínda que en 1943 a patente da radio foille atribuída a Tesla.
A parte do premio Nobel gañou a Medalla Franklin e foi o presidente da Accademia Nazionale.
No hay comentarios:
Publicar un comentario