martes, 8 de mayo de 2018

William Thomson

William Thomson destacado científico Irlandés


Celebrando o Día de Europa queremos destacar en Irlanda a : William Thomson!! 
William Thomson naceu o 26 de xuño de 1824 en Belfast. Un dos fillos de James Thomson, profesor de matemática e enxeñaría na Royal Belfast Academic Institution e Margaret Gardener. A súa nai morreu en 1830 cando William tiña seis anos. Estudou nas universidades de Glasgow e Cambridge. Entre 1846 e 1899 traballou como profesor na Universidade de Glasgow.
Na termodinámica, desenvolveu o traballo realizado por James Prescott na interrelación da calor e a enerxía mecánica, e en 1852 uniu forzas na investigación do fenómeno coñecido como o efecto-Joule Thomson. Estudou a teoría matemática da electrostática, levou a cabo melloras na fabricación de cables e inventou o galvanómetro do imán móbil. Foi asesor científico na colocación dos cables telegráficos do Atlático en 1857, 1858, 1865 e 1866. Tamén contribuiu á teoría da elasticidade e investigou os circuitos oscilantes, as propiedades electrodinámicas dos metais. Xunto co fisiólogo e físico alemán Hermann Ludwig von Helmhoth, fixo un cálculo da idade do  sol e calculou   a enerxía irrariada da súa superficie. Entre os dispositivos que el invento, figuran un dispositivo para predecir mareas, un analizador armónico e un aparello para gravar sons en augas pouco profundas. En 1902 elabora o primeiro modelo atómico. Moitas das súas obras científicas foron compiladas nas súas conferencias sobre a electricidade e magnetismo en 1872, as matemáticas e as clases físicas en 1882, 1883 e 1890 e os cursos e conferencias en 1889 ata 1894. Foi presidente da Royal Society of London en 1890, e en 1902 recibiu a Orde do Mérito.


No hay comentarios:

Publicar un comentario