lunes, 25 de noviembre de 2019

O sarampelo borra a memoria do sistema inmunitario

Durante anos observouse que a vacina do sarampelo non só protexía contra este virus, senón que tamén nos defendía doutras infeccións a longo prazo. Unha das hipóteses é que en concreto o virus do sarampelo produce amnesia inmunitaria.

Cando sufrimos unha infección e o noso sistema inmunitario loita contra ela e finalmente véncea, certos linfocitos mantéñense con vida durante anos coa "memoria" dos antígenos. Deste xeito estamos xa inmunizados a próxima vez que nos enfrontamos a este virus e podemos fabricar anticorpos para combatelo. 


Revista "Quo"

Un equipo de investigadores de Harvard publicou un estudo na revista Science, no que puideron comprobar que o sarampelo borra entre o 11 e o 73% dos anticorpos da persoa infectada. O sarampelo déixanos, literalmente, indefensos.

Esta é a primeira vez que se puido comprobar que a amnesia inmunitaria inducida polo sarampelo é real, o que pon de manifesto o importante que é a vacina contra este virus. Máis aínda, os nenos que fosen infectados co sarampelo poden necesitar repetir todas as vacinas anteriores. 

Segundo datos da OMS, o sarampelo causaba 2,6 millóns de mortes antes do descubrimento da vacina, e practicamente desapareceron despois. Con todo, a actual crise causada polo movemento antivacunas provocou que as mortes aumenten ata as 100.000 vítimas ao ano, triplicándose na primeira metade de 2019. O sarampelo é o causante da metade da mortalidade infantil no mundo. 

A vacina tripla vírica (sarampelo, paperas, rubeola) probou a súa eficacia parar protexer o sistema inmunitario tras anos de investigación.

Para máis información, facede click aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario