sábado, 30 de noviembre de 2019

Pódese combatir o cancro evitando a quimioterapia?

Todos sabemos o difícil que resulta facerlle frente a enfermidades coma o cancro. A pesar de isto, seguro que non sodes coñecedores de que o máis difícil de tratar con esta enfermidade non é matar as células que a producen(xa que hay moitos tóxicos que poden facelo), senón superar os devastadores efectos secundarios que provocan nos pacientes tratamentos como a quimioterapia

Polo tanto, conseguir eliminar as células tumorais dende o interior, para evitar así dañar o resto de tecidos, supón un gran reto para os científicos de todo o mundo.
Fonte da imaxe: Exemplo de célula tumoral


Tras moitos anos de investigación, un grupo de científicos formado por membros das universidades de Granada, Zaragoza e Edinburgo xunto co Instituto de Nanociencia de Aragón, atoparon a maneira de facer chegar os químicos tóxicos responsables de atacar as células canceríxenas directamente a elas, deixando intactas o resto de células do organismo.

A realización deste proceso consiste en deixar na célula tumoral una especia de "cabalo de Troia" que camuflado gracias a uns biomarcadores chamados exosomas, levan ao interior do cancro un catalizador de paladio que cando se libera mata as células tumorais, sen implicar toxicidade para o resto de tecidos.

Para finalizar, adxunto un vídeo que resume en que consiste a enfermidade do cancro para que así podades entender mello a entrada !!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario