A Organización das Nacións Unidas (ONU) estableceu o 5 de xuño como o Día Mundial do Medio Ambiente, que ten como finalidade sensibilizar á poboación mundial acerca da importancia de coidar os nosos ecosistemas e fomentar o respecto ao medio ambiente.
Este ano (2021) o tema central é "Reimaxina, recrea, restaura". Restaurar os ecosistemas significa previr, deter e reverter este dano, pasar de explotar a natureza para curala. Para iso, e precisamente neste día, arrinca o Decenio das Nacións Unidas sobre a Restauración de Ecosistemas (2021-2030), unha misión global para revivir miles de millóns de hectáreas.
Podemos contribuír co medio ambiente e facer as paces coa natureza, para desta forma previr a catástrofe climática, diminuír a contaminación ambiental e frear a perda de biodiversidade:
- Cultivando árbores na nosa localidade, para reverdecer as nosas cidades e os nosos espazos.
- Repoboando os nosos xardíns con especies silvestres.
- Cambiando a nosa forma de alimentarnos.
- Limpando ríos e costas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario