miércoles, 9 de junio de 2021

O sistema nervioso

    O sistema nervioso, en colaboración co hormonal, é o que permite a relación e a coordinación dos animais. A coordinación nerviosa prodúcese mediante impulsos nerviosos, e a información lévase especificamente a un punto dun órgano concreto.

    O sistema nervioso divídese en dúas partes: o sistema nervioso central e o sistema nervioso periférico. No sistema nervioso central encóntranse os centros nerviosos e ademais posúe unha cuberta ósea; o cráneo e a columna vertebral, e unha cuberta membranosa; as meninxes. O sistema nervioso periférico, en cambio, é os nervios, tanto os da pel e músculos que se encargan da locomoción como os das vísceras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario