martes, 21 de septiembre de 2021

Erupciona o volcán da illa da Palma!

O volcán Cumio Vello da illa da Palma, no arquipélago canario, estivo baixo unha estreita vixilancia durante máis dunha semana de sismos na zona das Manchas con 25.000 pequenos terremotos. Entrou en erupción por primeira vez en 50 anos este domingo 19 de setembro ás 15:12 horas.

Segundo as primeiras informacións, o volcán xurdiu nunha zona de monte non habitada, mais xa a primeira hora deste domingo comezaban as labores de desaloxo dalgúns grupos de persoas.

Lava e fume elévanse pola erupción dun volcán no Parque Nacional Cumio Vello, Illa da Palma, Illas Canarias, o 19 de setembro de 2021. © Borja Suarez / Reuters 

As zonas volcánicas activas, como as Illas Canarias, traen magma dende a profundidade ata a superficie. Baixo o volcán, o magma acumúlase en forma de  reservorios e transpórtase a través de condutos, coma se fosen as arterias do volcán.

O magma "faise paso" rompendo a roca que ten ao redor. Esa fracturación produce ondas que son medidas en superficie mediante sismómetros, e poden sentirse pola poboación como terremotos.

Na Palma, o enxame sísmico a principios da semana pasada proviña de profundidades dun 12 km, reflectindo a acumulación do magma en reservorios na base da cortiza terrestre, ao redor do punto crítico que pode levar a erupción. 

O comezo da erupción xerou o sismo de maior magnitude, cando o dique alimentador completou a súa viaxe rompendo as rocas da superficie, xerando a fisura eruptiva, que ten varios centros de emisión ou bocas eruptivas.

Ademais de fracturar as rocas, o magma vaise acumulando en zonas da cortiza nas que atopa "ocos". Esa acumulación fai que o magma "empuxe" os materiais que aínda ten por encima, o cal se expresa en superficie como un abombamiento ou deformación, que na Palma foi de aproximadamente 10 cm.

O novo volcán xurdido desta erupción podería conter entre 17 e 20 millóns de metros cúbicos de magma, segundo explicou o presidente de Canarias, Anxo Víctor Torres. O Instituto Volcanolóxico de Canarias (INVOLCAN) estima que o volcán emitirá entre 6.000 e 9.000 toneladas diarias de dióxido de xofre (SO₂),

A continuación, tendes un pequeno vídeo que mostra un mapa do impacto da erupción do volcán da illa da Palma:

Fixado un radio de exclusión de 2 km das fisuras para evitar mortes

Ata agora, a última erupción volcánica terrestre no Estado fora a do volcán Teneguía en 1971. Daquela, dúas persoas faleceran por inhalación de gases tóxicos por achegarse demasiado á lava. Nesta ocasión, o Instituto Vulcanolóxico de Canarias fixou unha zona de exclusión de 2 km na contorna dos centros de emisións.

O seu director, Nemesio Pérez, apuntou que a erupción podería durar “varias semanas, ou incluso poucos meses”, polo que as autoridades canarias pediron “máxima precaución”.

Unha boca eruptiva expulsa lava e piroclastos na zona dos Llanos, en El Paso, Illa da Palma.




O perigo das erupcións

Vivimos nun planeta activo que leva en funcionamento 4.500 millóns de anos. O incremento da poboación mundial ha levado á ocupación de zonas xeolóxicamente activas. Todos os procesos xeolóxicos, incluídos os  volcánicos, implican un "risco xeolóxico".

Ante o acontecemento da erupción na Palma, o Gobierno de Canarias activou o Plan de Emerxencia Volcánica de Canarias (PEVOLCA). A situación de alerta establécese de forma cualitativa cun semáforo que cambia de verde a amarelo, a laranxa e a vermello a medida que a probabilidade dunha erupción inminente aumenta.

Nestes momentos, o semáforo está en vermello, o que indica que se debe realizar a evacuación da poboación que poida verse afectada como medida activa de Protección Civil. O desenvolvemento da nova erupción está asociado coa emisión de lavas e  piroclastos de caída, que son fragmentos de magma separados e arrefriados durante a erupción, debido á súa natureza explosiva.

Para coñecer máis acerca dos volcáns e os riscos que ten consultade as entradas posteriores.

Fontes consultadas:

- elDiario

- Nós Diario

- El País

- El Mundo

No hay comentarios:

Publicar un comentario