Este pasado domingo 19 de setembro, a illa da Palma sufre unha erupción volcánica tras 50 anos de inactividade, cando entrou en erupción o volcán Teneguía, concretamente o 26 de outubro de 1971. Trátase do volcán de Cumbre Vieja, un volcán de tipo estromboliano que adoita producirse tras unha fractura da codia terrestre, en zonas de subducción. Caracterízase por ter unhas explosións non violentas e unha expulsión de lava discontinua. O magma é de tipo andesítico, cunhas temperaturas baixas o que provoca que as coladas avancen lentamente e se expandan, aumentando a área de destrucción. A desgasificación do magma orixina expulsións de piroclastos e cinzas.
Con esta infografía poderás coñecer os tipos de magma que se expulsan nos distintos tipos de erupcións volcánicas, para entender a evolución das destructivas coladas e as causas que orixinan a nube de humo e cinzas que está a cubrir a metade sur desta illa, e así comprender un pouco mellor a dura situación que se está a vivir na illa da Palma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario