Durante o mes de novembro, líderes mundiais e responsables de negociación de cada país, reuniranse en Glasgow, Escocia durante dúas semanas na COP26, a 26ª edición da conferencia anual sobre cambio climático das Nacións Unidas, para debater que accións se poden tomar para facer fronte ao cambio climático.
COP é o acrónimo de Conference of the Parties (Conferencia das Partes). Estas “partes” son os 196 países que ratificaron o tratado, aos que hai que sumar a propia Unión Europea. O Reino Unido, en cooperación con Italia, acollerá esta COP26 en Glasgow, Escocia desde o 31 de outubro ata o 12 de novembro de 2021. O encontro celebrarase cun ano de atraso debido á pandemia do Covid-19.
Por que é importante a COP26?
Será unha dos cumes máis importantes que acollese o Reino Unido e é descrita como o maior evento climático desde o Acordo de París de 2015. A última COP, celebrada en Madrid en 2019, terminou con moitos dos grandes problemas aínda sen resolver. Desde entón, enfrontámonos a unha pandemia mundial que nos mostrou os efectos devastadores da falta de preparación e a interrelación entre o noso planeta, as persoas e a prosperidade.
Que se espera conseguir na COP26?
Un dos obxectivos fundamentais da COP26 é ampliar estes obxectivos con vistas a lograr a neutralidade de emisións de carbono para mediados de século.
Outro obxectivo da COP26 é mellorar o financiamento climático para poder axudar aos países máis pobres tanto na súa transición cara a enerxías limpas como no seu proceso de adaptación xeral ao cambio climático. Trátase dunha cuestión de xustiza moi importante para moitos países en vías de desenvolvemento, cuxas poboacións soportan a maior parte da carga do cambio climático por máis que elas son as que menos contribuíron a provocalo.
A UNFCCC identificou catro grandes obxectivos no seu manifesto para a COP26, que son:
- Asegurar o cero neto de emisións para mediados de século e manter o obxectivo de 1,5 graos ao alcance.
- Facer unha adaptación para protexer ás comunidades e os hábitats naturais.
- Mobilización financeira.
- Traballar conxuntamente para lograr os obxectivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario