Un residuo é considerado calquera obxecto, material e sustancia, tanto sólidas coma líquidas, pastosas o gaseosas, das que un poseedor se desprende ou ten a obrigación de desprenderse según as normas vixentes.
Existen diversos tipos de residuos dependendo da actividade pola que son xenerados. Os tipos principais on os residuos agrícolas e ganadeiros, forestais, industriais, radiactivos, sanitarios e residuos sólidos urbanos. Dentro de este último grupo, os residuos poden ser domésticos, como residuos orgánicos, roupa e incluso pilas; voluminosos, calquera electrodoméstico ou moble; comerciais, como embalaxes ou poliestireno expandido; e de construcción e demolición, tamén chamados escombros.
Respecto ao seu nivel de contaminación, os residuos poden dividirse en dous tipos. Reciben o nome de inertes cando non contaminan e poden utilizarse, como os escombros. Denomínanse residuos especiais aos que son moi contaminantes e conteñen sustancias moi perigosas, como metales pesados, sustancias tóxicas, corrosivas ou inflamables e polo tanto precisan tratamentos especiais para eliminar a súa toxicidade, recibindo o nome de residuos inertizados.
Os residuos presentan un importante problema para unha poboación mundial que se incrementa cada ano e que cada vez produce máis basura anual e provoca unha enorme contaminación do medio ambiente. Un exemplo disto é a enorme cantidade de plástico desechada, sendo un material non biodegradable que tarda entre 100 e 1.000 anos en degradarse. A ONU explica que, se seguimos coa mesma tendencia con respecto aos pásticos desechados, para o ano 2050 haberá cerca de 12.000 millóns de toneladas deste material nos basureiros e na natureza. Ademais, cada ano se producen 300 millóns de toneladas de residuos plásticos, o equivalente ao peso de toda a poboación humana.
E agora, se queres descubrir canto sabes sobre os residuos no mundo, proba o seguinte test:
No hay comentarios:
Publicar un comentario