jueves, 7 de abril de 2022

A OMS celebra o día mundial da saúde este ano 2022 co lema:"O noso planeta, a nosa saúde"

Este próximo día 7 de abril de 2022, a OMS quere celebrar o día mundial da saúde, para recordarnos a situación na que estamos a vivir, tanto polo COVID-19, como polo gran aumento de cardiopatías e cancros e a contaminación que tamén inflúe nas nosas vidas, sobretodo de forma negativa (xa que provoca numerosas enfermidades respiratorias). 
Pese a que a pandemia axudóunos a demostrar a inmensa capacidade ciéntífica actual, non nos podemos olvidar de que tamén evidenciou as grandes diferenzas que sofren todos os países do mundo con menos recursos e desenvolvemento. Lugares como África, zonas de Asia máis pobres, algunhos lugares da América Latina .... non poseen tantos recursos como os máis desenvolvidos, o que provoca que non toda a poboación poida ser vacinada completamente, dificultando así o control desta enfermidade.



Reflexión:
Grazas á crecente concienciación da xuventude sobre este tema, estos problemas poderán acadar unha posible solución dentro dunhos anos, actualmente debemos abrir os ollos e darnos conta do que estamos a facer como sociedade e de cómo debemos xestionar a situación actual para poder achegarnos a un futuro limpo, sostible, san e sen contaminación!



No hay comentarios:

Publicar un comentario