jueves, 7 de abril de 2022

O noso planeta, a nosa saúde

 O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde, en recoñecemento á saúde como un dereito básico e universal, así como en promover o acceso a unha atención sanitaria de calidade en todas as rexións do mundo, especialmente na poboación con escasos recursos. 




Na celebración desta efeméride elíxese anualmente unha temática en función das necesidades e suxestións realizadas polos Estados membros, tendo en conta as áreas sanitarias prioritarias.

Para o ano 2022 o tema central do Día Mundial da Saúde é "O noso planeta, a nosa saúde". A través desta campaña, convídase a persoas, comunidades, gobernos e diversas organizacións de todo o mundo a compartir información sobre as medidas a adoptar para protexer a nosa saúde e o noso planeta.

Porén, aspectos como a contaminación do aire, o saneamento inadecuado, a auga contaminada e o impacto do cambio climático constitúen ameazas ambientais para a saúde pública. Por iso hai que xerar unha resposta eficaz co apoio dos gobernos e da sociedade.

Acá vos deixo o un video imformativo.

      



Información optida de: Organización Mundial de la SaludWikipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario