martes, 27 de mayo de 2014

27 de maio-Día Nacional do Celíaco!

A enfermedade celíaca é unha enfermidade que consiste nunha intolerancia ao gluten, proteína de alimentos coma o trigo, a avena, a cebada, o centeno...etc
Agora xa é máis coñecida pero antes os celíacos non podiamos ir a ningún sitio sen que nos miraran de forma rara ou todo o mundo preguntase o que era ser celíaco. Por sorte,iso cambiou, agora xa moitos alimentos poñen sen glute e moitos restaurantes teñen menú para celíacos, isto quere dicir que a xente está máis concienciada.

Hoxe é o Día Nacional do Celíaco, sexamos tolerantes.


viernes, 16 de mayo de 2014

A OMS alerta da resistencia dos antibióticos!

Autor: ghanito
Problemas de saúde que hoxe se poden resolver sin complicacións cun antibiótico, poderían converterse en enfermidades letales pola perda de eficacia destes medicamentos. A OMS advirte que a resistencia aos antibióticos converteuse nunha grave ameaza para a saúde humana.
Un estudo, realizado deixa claro que as resistencias son unha realidade en todo o mundo e non distingue entre países pobres e ricos.Os medicamentos deixan de ser eficaces porque as bacterias que causan as infeccións sofren cambios y vólvense
inmunes ao tratamento.
Gran parte da culpa de esta transformación está no uso abusivo dos antibióticos, polo tanto podería haber consecuencias devastadadoras se non se toman medidas urxentes.

miércoles, 14 de mayo de 2014

Somos máis felices cando o sol brilla?

Autor: gabsiq
O sol é a fonte de enerxía esencial para toda a biosfera, grazas a enerxía solar os productores realizan a fotosíntese e fabrican o alimento para toda a cadea trófica. Ademáis as persoas se nos expomos regularmente e con prudencia podemos notar fortalecido o estado de ánimo e outros moitos beneficios. O abuso da exposición solar e os problemas na pel, levan a unha maior concienciación da poboación e os profesionais sanitarios, sobre o estudio e advertencias dos perigos do sol.
Coa subida de ánimo que nos proporciona o sol, sentímonos máis atractivos, máis sociables,  redúcense  os nosos niveis de cansazo, estrés e ansiedade. Pero lembremos disfrutar do sol e sempre expornos con precaución!

miércoles, 7 de mayo de 2014

Atopa recursos sobre reciclaxe e twittea!

Autor da imaxe
Propóñovos unha actividade de busca na rede de recursos sobre reciclaxe que podan ser interesantes na materia de bioloxía. Os recursos atopados tedes que compartilos en twitter, empregando o seguinte hashtag: #cienciaactiva2014. Escoitade o audio onde vos propoño a tarefa:





Nova: A ferramenta Twubs é unha aplicación que nos deixa visualizar os tweets enviados cun determinado hashtag, e tamén a interacción entre os usuarios. Aquí vemos a utilidade de Twubs nesta actividade:

lunes, 5 de mayo de 2014

A obsolescencia programada.

Considero que a obsolescencia programada dos productos tecnolóxicos é un tema moi interesante, os productos nacen cunha vida programada, por exemplo antes unha bombilla normal duraba unhas 2500 horas e agora duran 1000 horas menos,  e asi ocorre ca maioría dos electrodomésticos. Cando os nosos avós eran novos non sucedía así, os aparatos feitos polo home tiñan unha vida moito máis longa!

O obxetivo agora é vender moito, fomentando o consumo e obtendo máis beneficios, sen valorar o aforro de materias primas ou a reducción de residuos. En definitiva non tendo en conta o modelo de desenvolvemento sostible!


viernes, 25 de abril de 2014

Parálise do sono!

Autor: peasap
A parálise do sono é un trastorno que ocorre entre o estado do sono e o de vixilia, unha alteración da fase Rem do sono
Neste trastorno a persoa é consciente en todo momento pero non pode moverse nin falar o que lle provoca ansiedade e alucinacións. Pode ocorrer a lo menos unha vez na vida e a causa principal é o estar sometido a moita presión ou estrés.Hay varios tipos:
-Formas aisladas:asóciase ao estrés e a horarios irregulares de descanso.
-Formas familiares:cando un ou varios membros da familia sofren o mesmo trastorno.
Para este trastorno non hai tratamento fixo aparte de estar relaxado e non perder a calma xa que é temporal.
Así que se coñeces a alguén ou che ocorre a ti tranquilo, respira forte, pensa que che vai pasar e intenta durmir coma un bebé!

domingo, 20 de abril de 2014

Unha nova esperanza para os diabéticos!

No Reino Unido realizouse o mellor invento británico do ano. A catedrática Joan Taylor da Universidade de Montfort de Leicester, inventou un páncreas artificial, que se pode implantar en enfermos con diabetes.
Este aparello desenvolvido por a empresa de tecnoloxía médica Renfrew Group International, no só eliminará a necesidade de inxectar insulina manualmente, senón que tamén, garantízanos que se administren as dosis exactas de cada vez.
Esta previsto que a primeira proba se realice no ano 2016.