martes, 8 de mayo de 2018

Guillermo Marconi

Guillermo Marconi destacado científico Italiano.



Guillermo Marconi, nado en Bolonia o 25 de abril de 1874 e morto en Roma o 20 de xullo de 1937 foi un enxeñeiro electrónico, empresario e inventor italiano, coñecido por ser un dos principais impulsores da radiotransmisión a larga distancia, despois de crear un sistema de telegrafía sen cables coñecido como radiotelegrafía.

Algunhas veces foi acreditado como inventor da radio e compartiu en 1909 o premio Nobel de física xunto con Carl Ferdinand Braun en recoñecemento ás súas  contribucións no desenvolvemento da  telegrafía inalámbrica, aínda que en 1943 a patente da radio foille atribuída a Tesla.
A parte do premio Nobel gañou a Medalla Franklin e foi o presidente da Accademia Nazionale.

William Thomson

William Thomson destacado científico Irlandés


Celebrando o Día de Europa queremos destacar en Irlanda a : William Thomson!! 
William Thomson naceu o 26 de xuño de 1824 en Belfast. Un dos fillos de James Thomson, profesor de matemática e enxeñaría na Royal Belfast Academic Institution e Margaret Gardener. A súa nai morreu en 1830 cando William tiña seis anos. Estudou nas universidades de Glasgow e Cambridge. Entre 1846 e 1899 traballou como profesor na Universidade de Glasgow.
Na termodinámica, desenvolveu o traballo realizado por James Prescott na interrelación da calor e a enerxía mecánica, e en 1852 uniu forzas na investigación do fenómeno coñecido como o efecto-Joule Thomson. Estudou a teoría matemática da electrostática, levou a cabo melloras na fabricación de cables e inventou o galvanómetro do imán móbil. Foi asesor científico na colocación dos cables telegráficos do Atlático en 1857, 1858, 1865 e 1866. Tamén contribuiu á teoría da elasticidade e investigou os circuitos oscilantes, as propiedades electrodinámicas dos metais. Xunto co fisiólogo e físico alemán Hermann Ludwig von Helmhoth, fixo un cálculo da idade do  sol e calculou   a enerxía irrariada da súa superficie. Entre os dispositivos que el invento, figuran un dispositivo para predecir mareas, un analizador armónico e un aparello para gravar sons en augas pouco profundas. En 1902 elabora o primeiro modelo atómico. Moitas das súas obras científicas foron compiladas nas súas conferencias sobre a electricidade e magnetismo en 1872, as matemáticas e as clases físicas en 1882, 1883 e 1890 e os cursos e conferencias en 1889 ata 1894. Foi presidente da Royal Society of London en 1890, e en 1902 recibiu a Orde do Mérito.


António Egas Moniz

Moniz.jpg
Celebrando o día de Europa queremos detacar en Portugal a: António Caetano De Abreu Freire Egas Moniz foi un psiquiatra e neurocirurxián portugués. Naceu na Villa de Avanca (en Aveiro) o 29 de Novembro do 1874 e faleceu en Lisboa o 13 de Decembro de 1955. O doutor António Egas Moniz foi o inventor da lobotomía(tratamento eficaz en certas psicoses que consiste en cortar as fibras nerviosas que unen os lóbulos prefrontais do cerebro co tálamo)  e da anxiografía. Foi o primeiro presidente da Sociedade Española de Neurocirurxía, a segunda no mundo, despois da estadounidense. Así pois, aos trinta anos víaselle como candidato ao premio nobel pola sua inventigación da anxiografía no 1949, Moniz recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (foi  o primeiro portugués  en gañar un Premio Nobel)   Estudou na universidade de Coimbra  e no 1911 obtivo a primeira cátedra de neuroloxía en Lisboa
Tamén realizou as primeiras arteriografías e introduciu a leucotomía prefrontal no tratamento de alguhas enfermidades mentais.
En 1938 con sesenta e tres anos un dos seus pacientes de psiquiatría disparoulle oito tiros e deixouno paralítico o resto da sua vida, o paciente garantia que o seu doutor non lle daba os medicamentos adecuados para a sua enfermidade 

domingo, 6 de mayo de 2018

Jules Jean Baptiste Vincent Bordet


Jules Bordet nobel.jpg
Con motivo do Día de Europa destaco a este célebre médico belga:
Jules Jean Baptiste Vincent Bordet
Jules Jean Baptiste Vincent Bordet (Soignies, Bélxica, 13 de xuño de 1870 - 6 de abril de 1961) foi un médico inmunoloxico e microbiólogo belga. Doctorouse en Mediciña na Universidade Libre de Bruselas en 1892 e empezou a traballar no Instituto Pasteur de París en 1894.

En 1899 fundou o Instituto Pasteur en Bruselas. No ano 1919 concedeuselle o Premio Nobel de Fisioloxía e Mediciña polos seus descubrimentos sobre a inmunidade. Polo hachádego da capacidade bactericida do suero do sangue dos mamíferos, acción mediada por dous compoñentes, un termoestable, os anticorpos, e outro termolábil, coñecido como complemento, e pola definición da ligazón no complexo antíxeno-anticorpo, a chamada fixación do complemento, para producir inmunidade.

Foi o descubridor do bacilo que produce a tos ferina, o Bordetella pertussis, e desarrollou unha bacina contra esta enfermidade. En 1933 preside o Consello Científico do Instituto Pasteur de París.

O Instituto Bordet, situado en Bruselas, único hospital oncolóxico de Bélxica e centro de referencia nacioal de oncoloxía, leva o seu nome. O xénero de bacterias Bordetella recibiu ese nome polo seu.

   

miércoles, 2 de mayo de 2018

Severo Ochoa destacado científico español

Celebrando o Día de Europa queremos destacar en España a : Severo Ochoa de Albornoz! Severo Ochoa naceu en Luarca, Asturias o 24 de setembro de 1905. Seus pais foron o abogado Severo Manuel Ochoa e Carmen de Albornoz. Tras a morte de seu pai cando Severo Ochoa tiña 7 anos, a súa nai e el transladaronse a vivir a Málaga, onde Severo realizou os estudos de elementaria e bacharelato. Pronto desarrollou interés pola bioloxía, e centrouse no estudo do metabolismo enerxético, con especial atención nas moléculas fosforiladas. Ochoa terminou a súa licenciatura en medicina no verán de 1928, e decidiu seguir dedicándose a investigación. Gracias a súa publicación acerca da creatinina, en 1929 conseguiu unha invitación para unirse ao laboratorio de otto Mayerhof no instituto de Bioloxía "Kaiser Wilhelm", en Berlín. A partir de 1964 Severo Ochoa adentrouse, por unha parte, nos mecanismos de replicación dos virus que ten o ARN como material xenético, describindo as etapas fundamentais do proceso, e, por outra parte, nos mecanismos de síntese de proteínas, coa especial atención ao proceso de iniciación, tanto en organismos procarióticos como en eucarióticos, sendo pionero no descubrimento dos factores de iniciaciónda tradución. España quixo recuperar o seu maxisterio, e ao efecto en 1971 creabase para el en Madrid o Centro de Bioloxía Molecular. Severo recibiu o segundo premio nobel de Medicina español en 1959, compartido co seu discípulo Arthur Kornberg. Tamén recibiu numerosos recoñecementos ao largo da súa carreira como: -Medalla Neuberg en bioquímica del año 1951. -Medalla de la universiadad de Nueva York en el año, 1959, e moitos máis. Neste vídeo podemos ver e oir ao propio Severo Ochoa

miércoles, 14 de marzo de 2018

Morreu o pai da radiación Hawking! :-(


Esta pasada noite finou na sua casa de Cambridge no Reino Unido o físico teórico e pai da teoria da emisión de radiación polos buracos negros Stephen Hawking. Neste video o porpio Hawkig explica a sua teroria dos buracos negros 

 A maiores de ser unha das grandes mentes da nosa época e ser un grandísimo físico teórico, é recoñecido coma un dos mais grandes divulgadores de ciencia dos derradeiros tempos.

Hawking tiña un fino sentido do humor e bromeaba coa sua enfermidade (ELA), participou en series en múltiples ocasións facendo de si mesmo, tanto en series de debuxos animados coma Os Simpson, coma en sitcoms famosas coma The Big Bang Theory.

O científico visitou en varias ocasións a nosa terra, e gustoulle, gustoulle moito, tanto que cedeu o seu nome o IES Rosalía de Castro en Santiago de Compostela para que creasen un premio científico co seu nome.

Hoxe a ciencia está de loito.

D.E.P Sr. Hawking

jueves, 8 de marzo de 2018

Celebrando o Día Internacional da muller con mulleres de ciencia!

Ao longo da historia as mulleres tiveron moitas dificultades para poder estudar e formarse de xeito similar aos homes, aínda podemos ver coma estas dificultades foron ainda maiores no eido científico.  
Para conmemorar o Día Internacional da muller neste vídeo lembramos algunhas das mulleres de ciencia que queremos destacar:


CURIOSIDADES DE GRANDES MULLERES de ciencia e galegas:

Dna Ángeles Alvariño foi pioneira da oceanografía, un buque de investigación leva o seu nome! Con este vídeo se resume a súa vida e aportacións científicas, no ano 2015 adicaron o Día da Ciencia en Galicia a esta pioneira oceanógrafa!


Sabías que a Enciclopedia mecánica foi patentada pola mestra ferrolá (nacida en León), Dna Ángela Ruiz Robles, en 1949, e que foi o antecedente dos libros electrónicos. Non deixes de ver este breve vídeo sobre Dona Angelita a mestra inventora!




Olimpia Valencia 1922.jpg
Olimpia Valencia Nuñez



Sabías que ...non hai nin un século dende que a primeira galega se licenciou en medicina e comenzou a exercer a profesión? Poi foi unha ourensana, Dona Olimpia Valencia, que abriu en Vigo a súa consulta de xinecoloxía vencendo todas as dificultades.


Sabías que...Manuela Barreiro é a primeira galega en licenciarse en Farmacia, e abríu a súa botica en Ribadeo, a pesar que á petición de ingresar na universidade lle contestaban: "Perden o tempo as familias que teñen o mal gusto de enviar ás súas fillas ao laboratorio". insistiu e logrouno!