Cada ano prodúcense toneladas de residuos plásticos e, a maioría, verténse ao medio ambiente. Isto provoca que os microplásticos, partículas de menos de cinco milímetros, estean presentes en todo o mundo.
Dende hai tempo, os investigadores coñecían a presenza de microplásticos no intestino e nos pulmóns. As persoas consumen este tipo de plásticos en bebidas, comidas ou ao respirar e calcúlase que, de media, as persoas consumen entre 0.1 e 0.5 gramos semanais destes residuos.
Sen embargo, científicos holandeses recentemente descubriron que estas partículas comenzan a estar presentes tamén no sangue das persoas. Descoñécense todavía os posibles efectos nocivos na saúde que poderían ter este tipo de residuos.
Os catro tipos de polímeros identificados presentes no sangue son o tereftalato de polietileno, o polietileno, os polímeros de estireno e o polimetilacrilato. Estes polímeros empréganse na producción de botellas de bebidas, envase de alimentos ou fabricación das bolsas de plástico.
A pesar de non saber con certeza as repercusións na nosa saúde, un estudo demostra que os microplásticos poden adherirse ás membranas externas dos glóbulos vermellos, entorpecendo a súa función e limitando a cantidade de osíxeno que poden transportar.
Agora, os investigadores reclaman medios para levar a cabo una investigación en profundidade sobre como pode afectar a presenza dos microplásticos dentro do corpo humano e previr posibles enfermedades.