Con motivo do próximo 22 de marzo Día da Auga, visitounos a bióloga especialista en análise de augas, Dña. María Luz García Nocelo, impartiunos unha charla-taller para explicar os principais parámetros indicativos da contaminación da auga, que posteriormente analizamos no laboratorio.
Na primeira parte da exposición falounos da importancia de controlar os vertidos de auga dende un punto de vista sustentable a nivel económico, social e ambiental. Xa que é o lema representativo do día da auga deste 2015.
A continuación fixemos no laboratorio diferentes análises por grupos con seis mostras de augas de diferentes calidades, foi divertido comprobar o pH, os nitratos e a dureza das distintas mostras que nos trouxo a experta en augas. Moitas grazas a María Luz García Nocelo polas súas explicacións!
Podemos ver no seguinte audiovisual algúns momentos da charla e prácticas no laboratorio:
Ao longo da ponencia visualizamos o seguinte documental sobre casos reais de contaminacións de augas por vertidos tóxicos a maioría de procedencia animal:
Foi unha excelente experiencia!
ResponderEliminar