martes, 10 de marzo de 2015

O deporte é saúde!

O deporte aporta moitos beneficios para a saúde non só física, senón tamén mental e social. Ventaxas físicas porque axúdanos a evitar o sedentarismo, o risco de diabetes, de arteriosclerose, fainos máis áxiles evitando a obesidade e os problemas metabólicos asociados. Mellora a saúde mental porque distrae e axuda a esquecer preocupacións, e tamén axuda a mellorar as relacións sociais desde nenos practicando deportes de equipo que obrigan a xogar dun xeito cooperativo. O deporte favorece as actividades ao aire libre, as relacións humanas, aumenta a capacidade de esforzo e o afán de superación!

Resumo dos beneficios:

  • Reduce risco de sobrepeso
  • Equilibra os niveis de glicosa no sangue
  • Fortalece ósos e músculos
  • Alivia o stres e favorece o sono
  • Aumenta a autoestima
  • Eleva a capacidade de concentración e mellora o rendemento escolar.
  • É socializador, favorece o compañerismo

No seguinte podcast entrevistamos a D. Felipe Iglesias (profesor de Educación Física do Colexio Padre Feijoo- Zorelle e deportista profesional de Jiu-jitsu). Entrevista feita por María Moreda e Martín Sumavielle para felicitalo por o segundo posto nos campeonatos Nacionais celebrados o día 7 de marzo de 2015, parabéns!

2 comentarios:

  1. É certo, de vez en cando hai que facer exercicio, pero tampouco excederse.

    ResponderEliminar
  2. I think I should start doping some exercise! Thanks for the advice!

    ResponderEliminar