martes, 4 de enero de 2022

Microplásticos no interior no 94% dos peixes!!!

 

Científicos portugueses analizaron perto de 130 exemplares de carpa común, muxo e solla no curso baixo do río, entre Valença e Tui e a desembocadura


Un equipo de investigadores portugueses advirte, a importante presenza de microplásticos nos peixes do río Miño. O traballo analizou perto de 130 exemplares de tres especies: carpa común, muxo e solla, acaídas como bioindicadores para o estudo do lixo mariño, e atopou restos de microplásticos no 94% deles.Os investigadores recolleron máis de 880 partículas de plástico nos que o 84% eran fibras e o 97% eran microplásticos. Identificáronse ata 36 polímeros distintos, como o poliéster, o polietileno, polipropileno, etc.
Evidencias da existencia dunha elevada contaminación por microplásticos nos peixes que reforza a necesidade de máis investigacións da contaminación por plásticos nos esteiros.


Atopáronse plásticos no tracto gastrointestinal e microplásticos nas galadas.  Evidencias dunha inxestión moi alta de pequenas fibras na auga e na alimentación destas especies.
Tamén encontraronse microplásticos no fígado e no músculo dorsal.
O volume de contaminación incrementa a preocupación polos  efectos adversos na saúde dos peixes, e destacan a necesidade de máis estudos. Os científicos destacan “a alta contaminación por microplásticos en peixes cun importante valor ambiental e cun impacto relativamente baixo polas actividades humanas, reforza a idea da alta dispersión de plásticos nos ecosistemas costeiros”. 
As conclusións coinciden coa necesidade de seguir investigando sobre a contaminación dos esteiros e a súa biota e os posibles efectos biolóxicos e ecolóxicos resultantes, tanto para os propios animais como polo seu potencial impacto na cadea alimentaria, no caso das especies consumidas por humanos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario