Patrimonio da Humanidade ou Patrimonio Mundial trátase dun título conferido pola Unesco a sitios específicos do planeta, xa sexan bosques, montañas, lagos, lagoas, covas, desertos, edificacións, complexos arquitectónicos ou cidade que foron propostos e confirmados para a súa inclusión na lista mantida polo programa Patrimonio da Humanidade.
Hoxe en día España conta con 49 bens declarados Patrimonio da Humanidade, sendo así o tercer país do mundo con maoir número de bens. Dentro deses 49 bens, 43 pertencen a bens culturales, catro a bens naturais e os dous últimos a bens mixtos. Cabe destacar que catro representan bens compartidos con outros países como Francia, Portugal ou Eslovenia.
Nesta entrada destacaremos os catro bens naturais Patrimonio de Humanidade en España; o Parque Nacional de Garajonay, o Parque Nacional de Doñana, o Parque Nacional do Teide e os Hayedos primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa.
Parque Nacional de Garajonay
Conta con preto de 50 especies arbóreas, distribuíndose e mesturándose dando lugar a varios tipos de bosques diferentes: a laurisilva e ao fayal- brezal, un bosque máis seco e pobre en especies arbóreas.
Tamén alberga preto de 1000 especies de invertebrados, sendo unhas 150 endémicas deste parque.
Parque Nacional de Doñana
O parque Nacional de Doñana é un espazo natural protexido español situado nas provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz, Andalucía. Comprende tanto o Parque Nacional de Doñana (creado en 1969) como o Parque Natural de Doñana (creado en 1989 e ampliado en 1997). Conta cunha superficie de 122 487 ha, 54 251 ha de parque nacional e 68 236 ha de parque natural. A súa gran extensión de marismas acolle durante o inverno a numerosas especies de aves acuáticas, que adoitan alcanzar cada ano os 200 000 individuos.
Debido á súa privilexiada situación xeográfica entre 2 continentes e a súa proximidade ao lugar de encontro do Atlántico e o Mediterráneo, o estreito de Xibraltar, en Doñana pódense observar máis de 300 especies diferentes de aves ao longo do ano, ao ser lugar de paso, cría e invernada para miles delas (acuáticas e terrestres) europeas e africanas.
Parque Nacional do Teide
Nesta zona atópase o volcán do Teide que cos seus 3715 metros, é o pico máis alto de Canarias, de España e de calquera terra emerxida do océano Atlántico. É, ademais, o terceiro volcán máis grande do mundo desde a súa base no leito oceánico.
Hayedos primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa
Os Hayedos primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa constitúen unha propiedade natural patrimonio da Humanidade de carácter transnacional composto por máis de cincuenta bosques, principalmente de haxas, distribuídos por unha ducia de países europeos.
Este sitio protexe os últimos vestixios dos bosques primarios templados que unha vez ocuparon gran parte do continente europeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario