jueves, 20 de enero de 2022

Supervivencia de pacientes covid en UCI

 

 Intelixencia artificial axuda a predicir a supervivencia de pacientes covid en UCI


A irrupción da pandemia acelerou os avances científicos. Vacinas dispoñibles en menos dun ano para inmunizar á poboación. E, tamén, a incorporación da intelixencia artificial. Agora, un equipo de investigadores europeos xa emprega modelos de aprendizaxe automática para predicir a superviviencia de pacientes de Covid-19 en UCI. Os científicos demostraron que a partir das mostras de sangue, en concreto de 14 proteínas do seu plasma das persoas graves podíase determinar con semanas de antelación se a persoa sobreviviría.

“O noso estudo mostra unha combinación de marcadores proteómicos, combinados nun modelo de predición de risco baseado en intelixencia artificial, pode predicir bastante ben a probabilidade de que un paciente individual morra ou sobreviva á Covid-19″, declara o co-autor Florian Kurth do hospital universitario Charité en Berlín (Alemaña).

Para realizar a investigación, os científicos comezaron estudando os niveis de proteínas de mostras de sangue tomadas  en 50 pacientes con Covid-19 en estado crítico que estaban sendo tratados con ventilación mecánica en centros de Alemaña e Austria. A continuación aplicouse a intelixencia artificial para atopar asociacións entre as proteínas e a supervivencia das persoas enfermas. Do grupo de ensaio analizado, morreron 15 pacientes e o tempo medio de ingreso ata o falecemento foi de 18 días. No caso dos que sobreviviron, o o período medio de hospitalización foi de 63 días.



No hay comentarios:

Publicar un comentario