viernes, 5 de abril de 2019

A hormona do crecemento actúa para evitar a perda de peso


[Img #54953]
(imaxe da páxina NCYT amazings)

Un grupo de investigadores da Universidade de São Paulo ( USP), en Brasil, descubriu que a hormona do crecemento ( GH, do inglés growth hormone), ligada ao desenvolvemento óseo e ao aumento da estatura, tamén actúa directamente no cerebro para conservar enerxía cando se perde peso.Os receptores de GH están situados nunha área cerebral chamada hipotálamo, á cal considera como o máis elevado dos centros vexetativos do cerebro. Do hipotálamo parten impulsos con influxo sobre as células nerviosas do sistema neurovegetativo que regulan os tecidos viscerales, tales como a musculatura lisa das vísceras e os vasos, a musculatura cardíaca, todas as glándulas do organismo e mesmo os riles, entre outros órganos.Os investigadores observaron que, no hipotálamo, os receptores de GH activan especificamente unha pequena poboación de neuronas chamada AgRP, que á súa vez aumenta a produción da proteína homónima AgRP, que actúa para aumentar o apetito e diminuír o metabolismo e o gasto de enerxía.

“Noutras palabras, descubrimos que a perda de peso desencadea un aumento dos niveis da hormona GH no hipotálamo, o cal activa ás neuronas AgRP. Isto fai que se volva máis difícil perder peso e aumenta a sensación de fame. Esta é exactamente a mesma función da leptina”, dixo Donato.

Segundo o investigador, a conservación de enerxía é tan importante para o organismo que a evolución capacitou aos humanos con dous mecanismos de conservación de enerxía: un activado pola leptina e o outro pola GH.
Opinión: eu penso que é unha noticia moi interesante xa que moitas veces non cremos que unha hormona que nos pensamos que non ten nada que ver cunha cousa, ten moito que ver.





lunes, 18 de febrero de 2019

150 anos ca táboa periódica!

A primeira táboa periódica elaborouna o químico ruso Dmitri Mendeleiev en 1869. Tratábase dunha ordenación, segundo o peso atómico -do máis lixeiro ao máis pesado-, dos elementos en varios grupos nos que parecían repetirse as propiedades químicas de maneira periódica. Hai que ter en conta que o electrón non se coñecía aínda e a estrutura interna do átomo era un misterio.

A partir desta ordenación e, máis concretamente, dos ocos que quedaban na táboa, Mendeleiev predixo a existencia de varios elementos que, aínda que por entón eran descoñecidos, terían que existir para encher eses ocos. O xenio ruso utilizou os prefixos eka-, dvi-, e tri- (do sánscrito: un, dous e tres) para designar aos elementos que debían situarse un, dous ou tres lugares por baixo dun elemento coñecido da táboa. 

Tales elementos foron descubríndose poucos anos despois e designados con novos nomes. Así o eka- boro predito por Mendeleiev resultou ser o escandio; o eka- alumino o galio; o eka- manganeso o tecnecio; e o eka-silicio o germanio. A identificación de tales elementos constituíu un éxito espectacular para Mendeleiev e a súa táboa, que desta maneira entraron pola porta grande na Historia da Ciencia. 

No Big Bang, tan só formáronse partículas moi elementais que, ao cabo de tres minutos, formaron os átomos máis lixeiros: o hidróxeno, o helio e pequenas cantidades de litio. O resto dos elementos fóronse formando nos astros por diferentes procesos nucleares. Se nos fixamos no corpo humano, seis de cada 10 átomos son hidróxeno e, por tanto, proceden directamente do Big Bang. O carbono do noso ADN, o osíxeno dos nosos músculos e o ferro do noso sangue creáronse nas estrelas. 

En definitivas contas, a composición do noso corpo está escrita a historia do universo.


Aquí déixovos máis información.

Grazas a Dmitri Mendeleiev por elaborar a primeira táoba periódica da historia xa que agora traballamos a diario con ela!

Vídeo: 

martes, 12 de febrero de 2019

Charles Darwin, o pai das Teorías Evolutivas!

O día 12 de Febreiro de 1809 naceu Charles Darwin reconocido por ser o científico máis influente dos que plantexaron a idea da evolución biolóxica a través da selección natural, justificándoa na súa obra de 1859 "El origen de las especies" con numerosos exemplos extraídos da observación da natureza. Postulou que todas as especies de seres vivos han evolucionado co tempo a partir dun antepasado común mediante un proceso denominado selección natural. A evolución foi aceptada como un feito pola comunidade científica e por boa parte do público na vida de Darwin, mentres que a súa teoría da evolución mediante selección natural non foi considerada como a explicación primaria do proceso evolutivo ata os anos 1930. 

Actualmente constitúe a base da síntese evolutiva moderna. Cas súas modificacións, os descubrimentos científicos de Darwin aínda seguen sendo o acta funcional da bioloxía como ciencia, posto que, constitúen unha explicación lóxica que unifica as observacións sobre a diversidade da vida.

Con apenas 16 anos Darwin ingresou na Universidade de Edimburgo, ainda que paulatinamente foi deixando de lado os seus estudos de medicina para dedicarse á investigación de invertebrados marinos.
 Durante os seus estudos de medicina, asistiu dúas veces a unha sala de operacións no hospital de Edimburgo e fuxiu de ambas deixándolle unha profunda impresión negativa.
Intrigado pola distribución xeográfica da vida salvaxe e polos fósiles que recolectou no seu periplo, Darwin investigou sobre o feito da transmutación das especies e concebiu a súa teoría da selección natural en 1838. Aínda discutiu a súas ideas con algúns naturalistas, necesitaba tempo para realizar unha investigación exhaustiva, e os seus traballos xeolóxicos tiñan prioridade. Atopábase redactando a súa teoría en 1858 cando Alfred Russel Wallace envioulle un ensaio que describía a mesma idea, urxíndolle Darwin a realizar unha publicación conxunta de ambas teorías.

Aquí deixovos un vídeo onde falan da evolución según Charles Darwin:


martes, 5 de febrero de 2019

Unha das rochas máis antigas da Terra veu da Lúa!

Encontran unha das pedras máis antigas da nosa Terra na Lúa! Foi traída polos astronautas no 1971.
Esta roca, traída por los astronautas en 1971, podría contener un pequeño fragmento de la Tierra primitiva
ABC ciencia
 Un novo estudo suxire que un deses fragmentos de material garda no seu interior un pequeno anaco do noso planeta, da Terra primitiva. Un que con toda probabilidade foi expulsado pola Terra como consecuencia dun gran impacto sucedido fai máis de 4.000 millóns de ano.
Acharon que unha das rochas contiña un pequeno fragmento de apenas dous gramos de peso feito de cuarzo,  feldespato e  circón, materiais moi raros na lúa pero extraordinariamente comúns na Terra.


As análises químicas indicaron que ese pequeno fragmento cristalizara nun ambiente moi rico en óxido, consistente coas rochas que se atopan no subsolo próximo á Terra primitiva. As análises, ademais, indican que esa cristalización produciuse entre fai 4.000 e 4.100 millóns de anos a un 20 km baixo a superficie terrestre, e que despois foi lanzado ao espazo como consecuencia dunha poderosa colisión.

A roca foise abrindo paso a través do espazo en dirección á Lúa, que naqueles momentos estaba tres veces máis preto da Terra que na actualidade ( a Lúa aínda se segue afastando de nós, a un ritmo de 3,8 cm por ano). Tras a súa chegada, o fragmento de superficie terrestre seguiu sufrindo "traumas": derretiuse parcialmente e posiblemente quedou enterrado na lúa como consecuencia doutro impacto fai uns 3.900 millóns de anos, para volver saír á luz debido a outra colisión máis recente, fai uns 26 millóns de anos.


Segundo os investigadores, foi precisamente este último impacto o que creou o chamado  Cone Cráter, de 340 metros de diámetro e cuxos arredores foron explorados en 1971 polos astronautas Alan Shepard e Edgar Mitchell.
Por que están tan seguros os científicos de que esa pequena pedra vén da Terra e non se formou na propia Lúa?
 Sinxelamente porque, tendo en conta os resultados das análises e as coincidencias temporais, é a explicación máis sinxela e probable. Pensar que a pedra naceu na propia Lúa, en efecto, supoñería ter que reformularse todo o que sabemos sobre as condicións do noso satélite fai miles de millóns de anos.

viernes, 25 de enero de 2019

Actividade dos tipos de rochas

Esta actividade pode axudar a diferenciar os tipos de rochas, xa que as veces non é tan doado como parece. 
Aquí deixovos unha actividade moi sinxela para axudarvos no voso estudo. Ollo só tes un minuto e tes que identificar os nomes dos tres grupos de rochas magmáticas, igneas ou metamórficas!
Xoga e aprende!! 


 

Tipos de rocas

jueves, 24 de enero de 2019

Inmunoterapia contra o cancro

A inmunoterapia contra o cancro, ademais de ser a protagonista do Nobel de mediciña 2018, supón unha nova forma de investigar e tratar a enfermidade. Inclúe varias estratexias, por exemplo o uso de anticorpos monoclonales, que atacan a proteínas específicas das células cancerosas, ou que eliminan os freos do sistema inmunitario a fin de que poida 
  FONTE: EL PAÍS             destruír as células do tumor. O cancro pode evadirse                                         ás defensas naturais do organismo poñéndolle dalgún modo bloqueos que estes anticorpos conseguen eliminar. Hai xa varios fármacos aprobados que seguen este proceso.

                              

Existen terapias con virus xenéticamente modificados para matar células cancerosas e terapias baseadas nas células do sistema inmune que se extraen do paciente, refórzanse e vólvense a introducir para que cumpran co seu ataque ao tumor, este último tipo de terapias son polo momento investigacións en laboratorio. 

Na miña opinión o cancro é unha enfermidade moi común que cada vez combatimos mellor, grazas as investigacións científicas. Estes avances axudan a combatir esta enfermidade!

martes, 22 de enero de 2019

O tabaco tamén dana o medio ambiente!

A Organización Mundial da Saúde realizou recientemente unha advertencia sobre os danos ao medio ambiente que representa o cultivo, curado, peoducción, transporte e distribución, tabaco de terceira mán e cuarta mán. Según destaca a Sociedade Española de Neumoloxía e Ciruxía Torácica, ese dano medioambiental é descoñecido polos fumadores, consumidores en xeral e os políticos.


O editorial dá revista científica desta sociedade médica explica que a planta de tabaco, necesita grandes cantidades de produtos químicos e reguladores do crecemento, o que resulta nocivo para o medio ambiente, empobrece o solo, conduce á deforestación e perxudica a saúde dos granxeiros locais de países subdesarrollados. O artículo, firmado polo presidemte de Separ, Carlos Andrés Jiménez, e os especialistas no área de tabaquismo, José Ignacio de Granda, apunta que se necesitan 11,4 toneladas métricas ao ano de bosque para o curado das follas de tabaco. Ademais, unha vez que se produciu o tabaco, ainda se necesita máis para o empaquetado e o papel de cada cigarrillo.

Os especialistas tamen denuncian que a nicotina e os productos de su degradación encontranse en augas residuais e poden persistir nas plantas de reciclaxe. De feito, actualmente a nicotina presente en augas residuais xa se está utilizando como marcador para averiguar o patrón de consumo de tabaco de distintas poboacións.

Con esto, ata dous tercios das cabichas do tabaco acaban no medio ambiente. Esto é o que se chama <tabaco de cuarta mán>. Destas cabichas non só son un problema os residuos tóxicos, se non que tamén os productos químicos tóxicos que conteñen e que acaban como lixo que remata nas calles, desagües, na auga, no mar... contaminando todo.