viernes, 17 de diciembre de 2021

As reservas forestais

Unha reserva forestal é unha zona protexieda pola diversidade vexetal que abrangue e pola posibilidade da súa explotación sostenible. A súa declaración e xestión corresponden aos gobernos autonómicos ou aos concellos na que esta se atopa, teñen a obrigación de velar polo benestar da mesma, evitando a explotación dos seus recursos para calquera actividade agrícola.
Actualmente, as reservas naturais son designadas por diferentes institucións gobernamentais, como é o caso de  National  Nature Reserve (institución con maior recoñecemento no mundo, cuxa sede principal sitúase no Reino Unido) do mesmo xeito que existen organizacións sen fins de lucro dedicadas á protección do ambiente e institucións investigadoras de varias nacións e que son independentes do goberno.
O continente americano é o que posúe o maior número de reservas forestais debido á gran diversidade de ecosistemas que se poden apreciar no mesmo. O país que posúe o maior número de reservas en América Latina é Chile e é que grazas á gran diversidade de clima, no país existen moitos tipos de ecosistemas, desde os  desérticos (coas zonas máis áridas do mundo) ata as zonas de maior humidade (coas árbores máis antigas e virxes do planeta), grazas a todas estas condicións a nación fíxose acredora de máis de 100 reservas forestais, clasificadas como Parques Nacionais, Monumentos Nacionais ou Reservas Naturais, cuxas áreas en total superan os 14 millóns de hectáreas, é dicir o 19 % do territorio nacional.
En España encóntranse diferentes reservas forestais destacando:
- O Barranco de Igoroin
Trátase dunha reserva forestal que se encontra situado no País Vasco, no cuadrante suroccidental do Territorio HIstórico de Álava baixo os montes de Iturrieta, comarca de Montaña Alavesa nas proximidades de Arrai-Maeztu.
Barranco de Igoroin
Barranco de Igoroin - Wikipedia
- A Reserva forestal do Añarbe
É un hábitat de gran interese biolóxico e excepconal para a fauna silvestre. Varias especies de animais e plantas en perigo de extinción habitan no Añarbe. Os bosques maduros e de gran frondosidade conforman un paraxe natural de especial interese.

Noutras partes do mundo podemos destacar as seguintes reservas forestais:
- A Reserva Forestal de Ajlun
É unha reserva natural de Jordania, creada en 1988 pola Royal Society for the Conservation of Nature na Gobernación de Ajlun. Nesta reserva lévabase a cabo un programa de cría controlada de corzo e está considerada área de importancia polas súas aves por Birdlife International. O clima da reserva é relativamente húmido en comparación co resto de Jordania.
Reserva Natural de Ajlun - Wikipedia
- A Reserva Forestal de Sinharaja
É un parque nacional de Sri Lanka. O nombre da reserve tradúcese como "O reino do león". Está situado nas provincias de Sabaragamuwa y Sur. A reserva ten unha superficie protexida de 8564 ha. Ten unha grande riqueza de especies endémicas, incluindo árbores, insectos, anfibios, réptiles, aves e mamíferos.
Reserva Forestal de Sinharaja - Wikipedia
Para rematar, déixovos un pequeno vídeo que mostra o territorio que abrangue a reserva forestal do Añarbe.



Reserva da Biosfera

 

As Reservas da Biosfera son territorios cuxo obxectivo é harmonizar a conservación da diversidade biolóxica e cultural e o desenvolvemento económico e social a través da relación das persoas coa natureza. Establécense en zonas ecoloxicamente representativas ou de valor único, en medios terrestres, costeiros e mariños, nos que a integración da poboación humana e as súas actividades coa conservación é fundamental. As Reservas tamén son lugares de experimentación e estudo do desenvolvemento sostible. 


Deben cumplir tres funciones: conservacion da biosfera e dos ecosistemas que conteñen, desenvolvemento das poboacións locais e función loxística de apoio á investigación, formación e comunicación. 
Para o cumprimento destas funcións, as Reservas da Biosfera deben contar con tres tipos de zonas: Estrutura dunha reserva da biosfera, unha ou varias zonas núcleo, cuxa función principal é a conservación; unha ou varias zonas de amortecemento que amortecen os efectos das accións humanas nas zonas núcleo, e unha zona de transición, onde se promovan actividades económicas sostibles para favorecer o desenvolvemento socioeconómico das poboacións locais.
Aínda que de forma diferenciada, todas as zonas deben contribuír ao cumprimento de todas as funcións propias da reserva. O foco céntrase no desenvolvemento de modelos para a sustentabilidade global, nacional e local, e para que as Reservas da Biosfera sirvan como lugares de aprendizaxe onde os responsables políticos, as comunidades científicas e de investigación, os profesionais da xestión e as partes interesadas traballen xuntos para traducir os principios globais do desenvolvemento sostible nun lugar apropiado. Por iso, a implicación da comunidade local é fundamental para que unha Reserva da Biosfera cumpra as múltiples facetas que caracterizan esta figura.

Aqui teneis un video en donde explica que es la reserva de la biosfera:







As Illas Cíes


O arquipélago das Illas Cíes forma parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia xunto cos arquipélagos de Ons, Sávora, Cortegada e o seu medio marítimo. As Illas Cíes, ademais de Parque Nacional, son tamén parque natural desde 1980, zona de especial protección para as aves  desde 1988, e zona de especial conservación.
 Actualmente as Illas Cíes iniciaron o proceso para a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. 

 ¿Como se formaron as illas cies ?
 As Illas Cíes forman unha barreira natural da Ría de Vigo contra a forza do océano Atlántico, protexendoa grazas aos seus acantilados escarpados na cara oeste das illas de máis de 150 metros de altura e ás súas 433 hectáreas terrestres. Hai 17.500 anos, na última glaciación, o nivel do mar estaba 125 metros por debaixo do actual e a ría de Vigo era un val fluvial que chegaba ao litoral continuo ata as actuais Illas Cíes. Foi máis tarde, co desxeo, hai uns 6.000 anos, cando a subida do nivel do mar inundou o val fluvial, formando a Ría de Vigo e as Illas Cíes. As praias comezaron a formarse e cando o mar chegou a un nivel similar ao actual, hai uns 700 anos, formouse o actual lago de auga salgada entre as illas norte e centro, a carón da praia de Rodas.


FLORA:
A paisaxe vexetal que se atopa nestas illas é rica e diversa, froito  da confluencia de factores ambientais  e da súa elevada achega de nutrientes debido ao aporte masivo de excrementos de gaivota. Os breixos e matogueiras dominan a cuberta vexetal do arquipélago, estendéndose polos cantís, sistemas dunares e ladeiras das illas, con especies endémicas da rexión galego-portuguesa e especies catalogadas como en perigo crítico de extinción tanto para España como para o mundo. 

FAUNA:
 Nas Illas Cíes as aves atoparon as condicións idóneas para o seu establecemento: cantís onde aniñar, abundancia de recursos mariños, etc. Son as aves que,  constitúen unha das xoias naturais máis importantes e coñecidas do Parque Nacional. Como xa se comentou, a gaivota patiamarela  é a ave máis abundante e máis de 22.000 exemplares reprodutores aniñan nas illas . Outro exemplo destacable é o caso da pardela cenicienta  que colonizou o arquipélago das Cíes en 2007 e que actualmente se atopa nas illas de Monteagudo e San Martiño.


jueves, 16 de diciembre de 2021

Repasa a estrutura e dinámica interna da Terra!!

 Na estrutura e dinámica interna da Terra estúdanse cinco puntos esenciais:
- O interior da Terra non é homoxéneo.
- A litosfera está fragmentada en placas.
- A Terra recibe enerxía externa e produce enerxía interna.
- O vulcanismo é un dos principais riscos xeolóxicos.
- Os terremotos son a orixe do risco sísmico.
A Terra é un planeta aproximadamente esférico de 6372km de radio. Atendendo a súa composición, divídese en corteza, manto e núcleo.
O principal método para coñecer o interior terrestre é o estudo por ondas sísmicas.
O vulcanismo, producido pola expulsión de produtos fundidos desde o interior da Terra hata o súa superficie, e os terremotos, producidos polos esforzos comprensivos, distensivo e de cizalla que se deben ao desplazamente das placas litosféricas, son riscos xeolóxicos.

Demostra os teus coñecementos sobre a estrutura e dinámica interna da Terra con este rosco de palabras:

martes, 7 de diciembre de 2021

Actividade repaso vulcanismo

Déixovos aquí este relaciona, para que poidades xogar e coñecer os diferentes tipos de actividade volcánica. 
 Existen 6 tipos diferentes de actividade volcánica no mundo 

jueves, 2 de diciembre de 2021

Mais e mellor auga para Vigo!!

O pasado 14 de outubro poñíase a primeira pedra da nova potabilizadora do Casal que abastece de auga, desde hai décadas, a Vigo e a outros catro concellos da área metropolitana, entre eles Moaña e Cangas. A actual Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da cidade foi construída a mediados dos anos 70 para tratar a auga procedente da concesión que o Concello de Vigo dispoñía no río Oitavén.

O aumento do volume de tratamento, dos 900 litros de auga por segundo actuais ata os 2.200, é outra das novas anunciadas neste proxecto que, segundo o prazo de execución, estará concluído no 2023 e que conta cun orzamento estimado de 23 millóns de euros. A auga será pretratada na parte inferior, circulando e mesturándose con distintos reactivos, para ser despois bombeada ata o segundo nivel onde se encontrará o sistema de filtración e ultrafiltración por membranas. Un sistema que ten como misión purificar a auga ao máximo grazas a retención de partículas sólidas, como os metais, os virus e os xermes, de ata 0,02 millonésimas de metro.

A normativa, deseñada para protexer a saúde das persoas dos efectos adversos de calquera contaminación da auga potable, reforza os controis de calidade tanto no punto de consumo como nas zonas de captación, establece parámetros sanitarios máis estritos baseados en ditames científicos recentes e no principio de cautela, prevé a mellora da información aos consumidores e ten en conta, como gran novidade, unha iniciativa cidadá europea, “Right2Water”, lanzada en defensa de que o acceso a auga de calidade para o consumo humano forme parte dos dereitos humanos. A mediados do mes pasado, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o CEO de Aqualia, a empresa concesionaria do subministro de auga na cidade, Félix Parra, colocaron a primeira pedra da nova ETAP nun acto no que tamén enterraron unha cápsula do tempo. Nesa misiva ao futuro ían xornais do día, moedas en curso legal, un CD do proxecto e unha botella de auga recollida na potabilizadora nese momento.




O virus do papiloma humano, unha nova posible pandemia?

 

Debido á Covid-19, moitas enfermidades pasaron inadvertidas, como os recentes casos de VPH que se está a extender por todo o mundo. O número de casos por ano é de 600.000 persoas aproximadamente, con 300.000 mortes estimadas. Ademais, entre un oito e un dez por cento das mulleres están en risco ontolóxico por esta enfermidade, sendo as mais novas as mulleres que máis probabilidade teñen de contraer esta enfermidade, xa que esta decrece coa idade.


O VPH causa diversos tipos de cancro, sendo o máis importante o do colo uterino, pero causa algúns como os de vaxina, pene, vulva e escroto. Pese á súa perigosidade, o VPH pasa inadvertido entre todo o mundo, debido a diversos factores como que non hai síntomas claros de infección se o virus se presenta nunha variante máis perigosa, ou que só afecta ás mulleres pobres de países pobres.

Se queredes acceder á noticia orixinal completa, pinchade neste link.

Podedes atopar tamén un vídeo informativo sobre o VPH aquí.

Novos xenes resistantes ao tratamento principal da tuberculose!?

Un grupo de investigación do Instituto de Biomedicina de Valencia do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (IBV-CSIC) han realizado un estudio a gran escala dos mecanismos de resistencia da bacteria Mycobacterium tuberculosis á isonaiazida,  dos principais antibióticos para o ser tratamento.
O equipo do IBV-CSIC analizou todos os xenes da bacteria, comparando posteriormente os resultados obtidos con datos clínicos previos. Todo, mediante unha novidosa técnica de xenómica funcional que, amais, permitirá evaluar nuevos fármacos contra la enfermedad y anticiparse a posibles resistencias.
Mycobacterium tuberculosis - Wikipedia
Publicados en Communications Biology, os resultados deste estudo teñen permitido atopar unha serie de novos xenes que aínda non se vencellaran á resistencia fronte á isoniazida. Xunto á rifampicina, ambas constitúen os dous antibióticos máis importantes no tratamento da tuberculose e para os que aínda non existe unha alternativa viábel.
Os resultados do estudo validáronse utilizando unha colección global de cepas de tuberculose, proporcionando probas experimentais respecto dos xenes específicos que poden producir un fenotipo de resistencia particular. Grazas a unha gran cantidade de datos sobre mutacións na bacteria, os investigadores conseguiron relacionar os xenes obtidos neste traballo con datos clínicos.
No traballo colabora a Fundación para o Fomento da Investigación Sanitaria e Biomédica da Comunitat Valenciana (Fisabio).
Para rematar, déixovos un breve vídeo que explica o que é a tuberculose:


Fontes consultadas:

Tiburón branco en Galicia?

 

 Aparece tiburón branco na Coruña 


A finais de setembro, un home  a bordo dunha embarcación no  porto de Punta Langosteira, en Arteixo, rexistrou unha imaxe  dun exemplar de tiburón branco, duns cinco metros de lonxitude o que supoñía o primeiro rexistro desta especie nesta zona do Atlántico. 20 días despois, repetiuse un avistamento que é moi pouco frecuente: un pescador que se atopaba a 10 millas da costa de Ribadesella rexistrou este sábado 16 outro xigante branco.

diario El Comercio,  entrevistou ao pescador, que di. “Cando me pasou por baixo xa vin que non era un marraxo; era gris por riba e branco por baixo, impresionante”, conta Juan Carlos González, que destaca como o animal chegou a bater co casco da embarcación.

Expertosl contemplan a posibilidade de que se trate do mesmo animal avistado no porto exterior da Coruña. O presidente da Protección de las Especies Marinas, Luis Laria, cre que é “case seguro” que o animal que navegou por augas galegas continuase o seu periplo. Pola súa parte, o director do Centro Oceanográfico de Gijón,  lembra que os únicos rexistros son o da Coruña e outro realizado anos atrás no Mediterráneo.

Fonte da nova


Aquí tedes unha ligazón a un vídeo do tiburón