jueves, 2 de diciembre de 2021

Tiburón branco en Galicia?

 

 Aparece tiburón branco na Coruña 


A finais de setembro, un home  a bordo dunha embarcación no  porto de Punta Langosteira, en Arteixo, rexistrou unha imaxe  dun exemplar de tiburón branco, duns cinco metros de lonxitude o que supoñía o primeiro rexistro desta especie nesta zona do Atlántico. 20 días despois, repetiuse un avistamento que é moi pouco frecuente: un pescador que se atopaba a 10 millas da costa de Ribadesella rexistrou este sábado 16 outro xigante branco.

diario El Comercio,  entrevistou ao pescador, que di. “Cando me pasou por baixo xa vin que non era un marraxo; era gris por riba e branco por baixo, impresionante”, conta Juan Carlos González, que destaca como o animal chegou a bater co casco da embarcación.

Expertosl contemplan a posibilidade de que se trate do mesmo animal avistado no porto exterior da Coruña. O presidente da Protección de las Especies Marinas, Luis Laria, cre que é “case seguro” que o animal que navegou por augas galegas continuase o seu periplo. Pola súa parte, o director do Centro Oceanográfico de Gijón,  lembra que os únicos rexistros son o da Coruña e outro realizado anos atrás no Mediterráneo.

Fonte da nova


Aquí tedes unha ligazón a un vídeo do tiburón



No hay comentarios:

Publicar un comentario