Actualmente as Illas Cíes iniciaron o proceso para a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
¿Como se formaron as illas
cies ?
As Illas Cíes forman unha barreira natural da Ría de Vigo contra a forza do océano Atlántico, protexendoa grazas aos seus acantilados escarpados na cara oeste das illas de máis de 150 metros de altura e ás súas 433 hectáreas terrestres.
Hai 17.500 anos, na última glaciación, o nivel do mar estaba 125 metros por debaixo do actual e a ría de Vigo era un val fluvial que chegaba ao litoral continuo ata as actuais Illas Cíes. Foi máis tarde, co desxeo, hai uns 6.000 anos, cando a subida do nivel do mar inundou o val fluvial, formando a Ría de Vigo e as Illas Cíes.
As praias comezaron a formarse e cando o mar chegou a un nivel similar ao actual, hai uns 700 anos, formouse o actual lago de auga salgada entre as illas norte e centro, a carón da praia de Rodas.
FAUNA:
Nas Illas Cíes as aves atoparon as condicións idóneas para o seu establecemento: cantís onde aniñar, abundancia de recursos mariños, etc.
Son as aves que, constitúen unha das xoias naturais máis importantes e coñecidas do Parque Nacional. Como xa se comentou, a gaivota patiamarela é a ave máis abundante e máis de 22.000 exemplares reprodutores aniñan nas illas .
Outro exemplo destacable é o caso da pardela cenicienta que colonizou o arquipélago das Cíes en 2007 e que actualmente se atopa nas illas de Monteagudo e San Martiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario